Evento
Ponteareas - Aprende a crear vídeos promocionais para o teu negocio
Data Inicio: | 09/05/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 09/05/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Internet abriu unha nova vía de oportunidades á hora de promocionar un negocio ou produto en formato audiovisual. As páxinas web así como as redes sociais están cheos de vídeos promocionais de produtos ou servizos que se ofertan. Todo iso, fai que sexa necesario coñecer os programas que nos permitan editar este tipo de vídeos e, desta forma, poder sacarlle o maior proveito. Índice de contidos Características xerais do programa e onde descargalo: - Ferramentas xerais - Pistas - Agregar Imaxes, vídeos, son - Creación de títulos, subtítulos - Efectos - Transicións - Liñas de tempos Creación de vídeos a partir de distintas imaxes. Conversión de vídeos en distintos formatos. O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse