Evento
Pontevedra - Graba e monta videos profesionais có teu Smartphone
Data Inicio: | 19/02/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 19/02/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro veremos as peculiaridades técnicas e compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou tablet. Saber onde esta o micrófono, como debemos soster o terminal ou como manter limpa a lente son aspectos que poden facernos gañar calidade aos nosos vídeos. No ámbito creativo repasaremos as principios básicos da regra dos terzos e o polémico plano vertical en vídeo para redes sociais. Todo se plasmará de forma práctica coa app gratuíta FILMORA, dispoñible para IOS e Android. (é recomendable ter a aplicación instalada para o curso). Índice de contidos • Peculiaridades dun móbil para gravar vídeo. • Encadre e regra dos terzos. • Formato panorámico ou vertical ? • Facer clips de vídeo. • Práctica , gravación e montaxe en Filmora. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse