Axudas e subvencións

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que conten coa declaración de municipios turísticos galegos.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarios destas subvencións os 18 xeodestinos e subxeodestinos descritos no mapa oficial de xeodestinos de Galicia, publicado pola Axencia Turismo de Galicia.
Entidade: Xunta de Galicia
Plazo: 01/02/2018 - 28/02/2018.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Estado: Finalizada
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU900A&ano=2018&numpub=1&lang=gl

Descrición da axuda

Contratación de persoal nas oficinas de turismo dos concellos declarados municipios turísticos galegos e dos xeodestinos durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro

Requisitos

- Só poderá presentarse unha solicitude por concello, mancomunidade, consorcio ou agrupación.
Porén, os concellos cuxas oficinas de información acollan o informador/a designado/a polos xeodestinos ou subxeodestinos, poderán pola súa vez facer unha solicitude de maneira independente, sendo compatible, deste xeito, a condición de beneficiario dun concello de interese turístico con ser o concello cuxa oficina de turismo é designada polo xeodestino ou subxeodestino como a destinataria do/a informador/a obxecto de subvención.
- Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento