Axudas e subvencións

Beneficiarios: Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
Entidade: Secretaría Xeral de Emprego
Financiación: "
Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021."
Plazo: O prazo para presentar as solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo contarase a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de setembro de 2023. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, cumprindo, por tanto, o prazo mínimo dun mes establecido no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
Estado: Activa - Vixente
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2023&numpub=1&lang=es

Descrición da axuda

"1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do programa Xempre autónomo, para a promoción do emprego autónomo (TR341D), e proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

2. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

3. Ao amparo desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, formalícense desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021."

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.