Axudas e subvencións

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que teñan no devandito centro, antes da solicitude de axuda, polo menos tres traballadores por conta allea.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.


2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Financiación: A subvención será do 70% dos gastos relacionados no artigo 5, excepto para os gastos do artigo 5.1.b.1) no caso de accións de participación presencial en feiras e eventos expositivos, nas cales, as intensidades de axuda e importes de subvención, variarán segundo a área xeográfica na que se desenvolva a acción.

Neste tipo de accións solo se poderán realizar 3 accións ao ano como máximo por área xeográfica e soamente 2 accións ao ano nun mesmo país dentro da mesma área xeográfica.

Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 91.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 130.000 euros).
Plazo: 24/05/2022
Estado: Finalizada
Web: https://www.igape.gal/gl/index.php?option=com_ortigape&view=axuda&id=829&return=aW5kZXgucGhwP29wdGlvbj1jb21fb3J0aWdhcGUmdmlldz1heHVkYXMjYXh1ZGFzLWZpbHRyb3M=#sp-main-body

Descrición da axuda

1. Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas ga¬legas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:

a) Accións de difusión:

a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, ou outros medios incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro

a.2) Elaboración de material promocional para a súa difusión en mercados estranxeiros.

b) Accións de promoción:

b.1) Participación en feiras ou outros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro.
Inclúense tamén aqueles eventos deste tipo que se celebren organizados por terceiros en España e estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2022 ou 2023 no Boletín Oficial do Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases). Inclúense tamén a participación en feiras virtuais, así como a participación en outros eventos expositivos virtuais dirixidos ao público internacional.

Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos. Para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

b.2) Visitas á sede da empresa en Galicia de clientes, importadores, distribuidores, me¬dios de comunicación ou outro tipo de prescriptores, todas realizadas desde o estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e os seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación internacional. Inclúese tamén a organización de eventos virtuais organizados pola propia empresa dirixidos ao público internacional (catas, seminarios, xornadas de formación a prescriptores, etc.)

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c.1) Axendas de reunións, incluídas as axendas virtuais.

c.2) Desenvolvemento de clientes e análise de competencia no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando tanto por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten, como dos competidores, mediante a identificación de boas prácticas, e o benchmarking funcional.

c.3) Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para a consolidación do negocio e a implantación promocional en destino.

d) Accións de operatividade da internacionalización:

d.1) Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte/códigos obxecto).

d.2) Seguros de crédito á exportación.

2. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na que se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras da a) á d) deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.