Axudas e subvencións

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas, na forma de agrupación prevista no artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro:
a) As empresas do sector turístico definidas no artigo 3 das bases reguladoras sempre que estean validamente constituídas, teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España.
b) Empresas cuxa actividade lles permita constituírse en socios tecnolóxicos e con experiencia demostrable no ámbito turístico.
c) Poderán ser beneficiarias nos termos que establezan as correspondentes convocatorias e sempre que cumpran cos requisitos esixidos, as asociacións profesionais e empresariais, incluíndo federacións, confederacións e unións destas, legalmente constituídas e dadas de alta no Rexistro Correspondente de Asociacións e cuxo obxecto social e actividade teña relación directa co sector turístico.
Entidade: Ministerio de Industria, Comercio y Turismo
Financiación: a) Liña 1: Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico innovadores que incorporarán tecnoloxías emerxentes ou de novo desenvolvemento con risco tecnolóxico medio/baixo. Os proxectos desenvolveranse baixo a modalidade de agrupación, sendo o orzamento mínimo de 500.000 euros e o orzamento máximo será de 5.000.000 de euros. Os proxectos que se desenvolvan baixo esta liña terán unha execución máxima de 18 meses.

b) Liña 2: Proxectos de implantación e adopción de novas tecnoloxías que incorporarán tecnoloxías testadas previamente no mercado con risco tecnolóxico baixo.Os proxectos desenvolveranse baixo a modalidade de agrupación, sendo o orzamento mínimo de 300.000 euros e o orzamento máximo será de 750.000 euros.Os proxectos desenvolvidos na Liña 2 terán unha execución máxima de 12 meses.
Plazo: Un mes desde a publicación no Boletín Oficial do Estado do extracto da convocatoria.
Estado: Finalizada
Web: https://segittur.wolfcrm.es/newsletters/public/click.php?DELIVERY=4596e2215ab9eeaf7d5d61841caa7bd6d87d4b605af69264b52c81ce6c7a8a76&link=aHR0cHM6Ly93d3cuYm9lLmVzL2JvZS9kaWFzLzIwMjIvMDEvMDgvcGRmcy9CT0UtQS0yMDIyLTMzMS5wZGY=

Descrición da axuda

O obxecto da convocatoria en réxime de concorrencia competitiva é impulsar proxectos de dixitalización de «última milla» a agrupacións de entidades cuxa actividade, ben sexa directa ou verticalizada, estea orientada ao sector turístico en xeral ou a calquera dos seus subsectores produtivos. En concreto preténdese mobilizar aqueles proxectos singulares e transformadores que cubran procesos e produtos facilmente escalables e replicables cunha clara orientación ao usuario final e que conteñan, entre outros, melloras na dixitalización e intelixencia aplicados á xestión, promoción, posta en valor e difusión para destinos e sector turístico.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.