Axudas e subvencións

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, establecidos no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, e que non teñan recibido nos primeiros cinco anos desde o seu recoñecemento o total das axudas á creación das devanditas organizacións profesionais, conforme o establecido no artigo 6 do Real decreto 956/2017, do 3 de novembro.

2. A axuda limítase ao funcionamento das devanditas OPP ou AOP para aquelas anualidades, que, respectando o límite máximo dos 5 anos desde a súa creación, lles correspondan. Cada anualidade contarase desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente e ata un ano natural despois, sempre e cando o remate da anualidade estea establecido como moi tarde, dentro do prazo de presentación de solicitudes da presente convocatoria.
Entidade: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Plazo: 13 do setembro do 2021
Estado: Finalizada
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155D&ano=2021&numpub=1&lang=gl

Descrición da axuda

1. Esta orde con código de procedemento PE155 D ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito autonómico galego e proceder á súa convocatoria para o 2021.

2. A axuda concederase en apoio á súa creación e funcionamento da organización profesional durante os cinco primeiros anos naturais contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente.

Estas axudas só se poderán outorgar cando a recepción da notificación da resolución favorable da Administración competente de recoñecemento se realizara a partir do 1 de xaneiro de 2014.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.