Axudas e subvencións

Beneficiarios: "Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Quedan excluídas deste epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) núm. 104/2000 do Consello e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. En calquera caso, estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigacións do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea."
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Financiación: Ata 9.600 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.
Plazo: Ata o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Estado: Finalizada
Web: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP428

Descrición da axuda

"Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

- Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
- Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
- Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
- Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
- Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
- Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
- Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
- Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalería (menús, cartas, …).
- Sistemas de balizas.
- Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
- Adaptación da presenza na internet para o efecto do COVID-19, mediante elementos como “bots” de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas “pick and go” (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
- Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
- Solucións de mellora da ciberseguridade.
- De maneira excepcional, outros que poidan axudar á devandita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
- Tipos de apoyo

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.