Axudas e subvencións

Beneficiarios: Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia. En concreto os seguintes: a) Empresas que teñan a consideración de peme ou gran empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola División da 07 a 39, excluídas as que comecen pola División 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que acheguen este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican no apartado a), repercutindo, en todo caso, a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto
Entidade: INEGA- Instituto Energético de Galicia (Galicia)
Financiación: A contía das axudas para cada unha das actuacións vén establecida no anexo I do Real decreto 263/2019, do 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 2.000.000 euros naquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético.
Plazo: 30/06/2021
Estado: Finalizada
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421V&ano=2019&numpub=1&lang=es&c=empresas-e-profesionais

Descrición da axuda

Aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2020 para a concesión de axudas do Programa estatal para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industria).
Por medio de convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Medida 1: mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais.
Medida 2: implantación de sistemas de xestión enerxética.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.