Axudas e subvencións

Beneficiarios: Empresas debedoras do Igape e titulares de operacións de préstamo concedidas según calquera das normativas contempladas nas bases da axuda

Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Plazo: Aberto ate á derrogación expresa da axuda.
Estado: Finalizada
Web: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP255

Descrición da axuda

Tramitación de solicitudes de novacións modificativas de diversos préstamos do igape

Requisitos

1. O Igape poderá conceder novacións modificativas dos préstamos en vigor, axustándose aos prazos máximos establecidos polo Decreto 133/2002, do 11 de abril, e ás súas posteriores modificacións.

2. As novacións modificativas que sexan autorizadas levarán consigo, en todos os supostos, un incremento nos tipos de xuro aplicados.

3. Con carácter xeral, as novacións modificativas non poderán supoñer un cambio nas garantías constituídas a favor do Igape, salvo as oportunas inscricións de modificación de prazo de vixencia das hipotecas ou prórrogas na vixencia dos avais.

4. As modificacións concedidas poderán considerar a condonación de xuros de demora.

5. As modificacións concedidas poderán considerar a capitalización dos seguintes conceptos:

6. As modificacións concedidas poderán considerar periodicidades de amortización e de liquidación de xuros diferentes aos establecidos inicialmente.

7. As modificacións concedidas poderán supoñer a modificación ou inclusión de novas cláusulas de amortización anticipada obrigatoria en función dos beneficios futuros, e limitacións na repartición de dividendos da sociedade titular.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.