WhatsApp presenta novidades moi interesantes para negocios - Actualidade
Actualidade
« Atrás
WhatsApp presenta novidades moi interesantes para negocios
Data: venres, 26 de novembro de 2021
A aplicación de mensaxería de Meta está a presentar funcionalidades que serán novas vantaxes para os negocios e pequenos comercios.
WhatsApp acaba de publicar unha nova ferramenta para pequenos negocios, especialmente para a restauración e comercio. Falamos da creación de catálogos e coleccións de produtos. E isto, que é o que permitirá? Pois moi sinxelo, o que nos permitirá será organizar os nosos produtos por categoría co obxectivo de que a nosa clientela non teña que navegar por longas listas de produtos nin artigos. Isto ven a significar que as persoas usuarias poderán ver os produtos dun negocio no seu perfil de empresa mediante catálogos que diferencian todo o que se pode mercar.
Un comercio poderá engadir novas coleccións ao seu catálogo, por exemplo: enxoval, vidro, decoración…etc. Un restaurante poderá crear coleccións con entrantes, pratos principais, carnes, pescados, sobremesas ou mesmamente engadir a carta de viños. Desta maneira, o que se quere acadar é unha experiencia da persoa usuaria moito máis práctica e útil para a clientela.
Esta actualización ven a remarcar que a organización de Facebook, agora recoñecida por Meta, está máis viva que nunca e que quere ser a opción escollida por miles de negocios para, por exemplo, axudar a incentivar as compras de nadal. Esta experiencia de compra será moito máis intuitiva, sinxela e á súa vez cómoda para todas as persoas usuarias. Esta planificación de Meta responde a tendencia que viven moitos comercios locais dende a pandemia, sobre todo aqueles que carecen doutra visibilidade que non sexa en Facebook, Instagram ou WhatsApp. Esta tendencia está tan á alza, que mesmo acaba de chegar ata outras redes sociais coma Pinterest, que acaba de engadir funcionalidades para a compra de produtos.
Atención: para poder utilizar esta funcionalidade é necesario dispor de WhatsApp Business.
WhatsApp é un dos mellores canais para mellorar a experiencia da clientela
Segundo un informe publicado pola Organización Internacional Zendesk, as persoas usuarias que utilizan esta aplicación de mensaxería aumentaron un 200%. A visión máis clásica que temos sobre a atención a clientela a través de canais como o teléfono ou formularios de contacto limita o crecemento e a optimización desta experiencia a calquera negocio. A persoa usuaria cando necesita resolver dúbidas, ponse en contacto co negocio. Canto máis instantáneo sexa esta conversación, máis éxito, confianza e fidelidade terá o negocio.
Outras novidades de WhatsApp en titulares
- WhatsApp deixará que as persoas usuarias respondan a mensaxes con reaccións (así como en Facebook)
- WhatsApp permitirá unirte a calquera vídeo chamada aínda que esta xa estivera iniciada
- Cambiará o seu logo para demostrar que pertence ao universo Metaverso
- Permitirá facer pagamentos desde a propia a aplicación a través de WhatsApp Pay
- Android 12 permitirá ter dúas contas de WhatsApp dende o mesmo móbil
Con todas estas actualizacións e as que están por vir, Meta quere demostrar que as malas opinións na prensa parecen non afectarlle.
Fátima Faílde
Asesora TIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento