Actualidade

« Atrás

WhatsApp Pay, a nova forma de pago que aterrará en España este 2020.

Data:  venres, 21 de febreiro de 2020

Dende que a aplicación española Bizum aterrase en España no 2016, o número de descargas non parou de crecer exponencialmente. Cada vez son máis os clientes que confían neste sistema de pago entre particulares, que transferiu máis de 700 millóns de euros. O seu funcionamento sinxelo, rápido e totalmente gratuíto, é sen dúbida a clave do éxito da compañía, algo que outras empresas comezaron a imitar.
 
Mark Zuckerberg confirmou recentemente que, durante o primeiro semestre deste ano, a súa compañía lanzará un novo servizo de pago totalmente revolucionario. WhatsApp Pay é a gran aposta de Facebook para este ano 2020, permitindo aos usuarios do servizo de mensaxería móbil enviar pagos inmediatos aos seus contactos sen ningún tipo de custo e de maneira rápida e sinxela. A aplicación incluirá este servizo entre as súas funcións de achegar imaxes ou compartir a localización. Con tan só un click, poderemos enviar o importe que desexemos aos nosos contactos sen ningún tipo de custo por transacción.
 
 
 
Esta nova función integrada no chat móbil, tan só necesitará estar vinculada a unha conta bancaria ou unha tarxeta de crédito autorizada, tanto por parte do que envía o diñeiro como o que o recibe. Configúrase unha única vez e de maneira sinxela, polo que o uso desta nova función de WhatsApp prevese que a usen todos os usuarios. 
 
 
 
Aínda que de momento só lanzarase para realizar transaccións entre particulares, espérase que pronto tamén se poida asociar a contas empresariais de WhatsApp Bussines. Prevese que para 2021 xa podamos realizar encargos a calquera empresa mediante o servizo de mensaxería, pagalos ao momento con WhatsApp Pay e recibilo en tan só unhas horas. Isto supoñerá unha nova revolución no ámbito das compras online, xa que acelerará aínda máis os procesos de compra actuais.
 
Moitos expertos afirman que o diñeiro real ten os seus días contados e, con noticias como estas, fannos pensar que están no certo. Viviremos en persoa o fin do diñeiro físico como o coñecemos hoxe en día? Só o tempo no lo dirá.
 
Laura Carrera
Asesora TIC 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento