Actualidade

« Atrás

Webinar Covid-19: la crisis inesperada. Implicaciones económicas y expectativas de salida

Data:  luns, 13 de abril de 2020

A situación que vivimos actualmente derivada da crise sanitaria do  COVID-19, está a ter un impacto relevante no tecido económico a nivel mundial.
 
A través deste  webinar, Smartpeme quere ofrecer ás Pemes e persoas autónomas da provincia unha visión global das diferentes dimensións do impacto económico que está a producir, ademais de trasladarlles desde unha perspectiva práctica e construtiva, cales son os escenarios de saída e volta á normalidade.
 
Jose María O´Kean é Doutor en Economía pola Universidade de Sevilla, ademais de profesor asociado no IE Business School desde 1991 ata a actualidade.
 
Nomeado en varias ocasións ao premio ao mellor profesor en distintos programas, alcanzou esta distinción en nove ocasiones.
 
Colabora de forma habitual con diversas empresas e institucións en proxectos de investigación e impartindo programas de formación, así como analista económico en diferentes medios de comunicación.
 
Durante este relatorio, expoñerá as claves para afrontar esta nova situación e tratar de mitigar os efectos sobre os negocios da provincia.
 
Se desexas asistir a este  webinar, soamente tes que inscribirche enchendo o seguinte formulario ou a través do teléfono 886 202 020. A entrada é totalmente gratuíta ata completar prazas, esperámosvos! 
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento