Volven os itinerarios formativos do CPED a Barro-Meis - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Volven os itinerarios formativos do CPED a Barro-Meis
Data: martes, 30 de abril de 2019
A comezos deste ano no Centro Provincial de Economía Dixital ( CPED) de SmartPeme, situado no viveiro de empresas de Barro-Meis, lanzamos unha nova iniciativa: a realización de itinerarios formativos sobre tendencias tecnolóxicas como a robótica ou a programación con Arduino.
O obxectivo principal destes itinerarios é achegar as tecnoloxías que están a revolucionar a economía, como pode ser a impresión 3D, a industria 4.0… dunha forma máis detallada e exhaustiva a todas as persoas usuarias da rede.
Debido ao éxito que suscitaron estes talleres, en maio volverase a impartir o itinerario denominado "Programación con Arduino", composto de 4 talleres de 4 horas de duración cada un.
Arduino é un proxecto de hardware (placas e sensores) e software libre, o que permite a distribución de placas e programas, para esta contorna, por parte de calquera individuo. Estas "placas" están deseñadas para crear dispositivos dixitais, que poidan interactuar con obxectos do mundo real, mediante o uso de "sensores".
Grazas ás instalacións e o material do Fab- Lab co que conta a Deputación de Pontevedra no propio viveiro de Barro-Meis, estes talleres son totalmente prácticos, onde as persoas asistentes poderán aprender a base desta linguaxe de programación e realizar diversos proxectos, como unha mano robótica ou unha lámpada automatizada.
Ademais, outra das novidades destes itinerarios é que as persoas que asistan a máis do 75% das sesións organizadas dentro de cada un deles, obterán un diploma acreditativo.
A continuación detallamos as datas dos talleres de Arduino, que serán impartidos por Manuel Freire, asesor SmartPeme do CPED e experto en robótica e impresión 3D:
- Programación con Arduino I. Xoves 09 de maio de 17:00 horas a 21:00. Inscríbeche aquí
- Programación con Arduino II. Xoves 16 de maio de 17:00 horas a 21:00. Inscríbeche aquí
- Programación con Arduino III. Xoves 23 de maio de 17:00 horas a 21:00. Inscríbeche aquí
- Programación con Arduino IV. Xoves 30 de maio de 17:00 horas a 21:00. Inscríbeche aquí
Se non queredes quedarvos sen a vosa praza podedes inscribirvos tamén chamando ao 886 20 20 20 ou enviando un correo electrónico a info.smartpeme@depo.gal. Correde que non hai moitas!
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento