Actualidade

« Atrás

Unha canle de vídeo para a miña empresa.

Data:  xoves, 19 de xaneiro de 2017

Cando temos un negocio ou o creamos, existe un elemento fundamental, que é a marca ou branding que queremos construír asociado ao noso nome e as nosas ideas, para o cal farémonos con ferramentas que teñan penetración na nosa audiencia.

Unha das posibilidades a nosa disposición é posuír un canal de vídeo en YouTube onde poder contar aos nosos usuarios e clientes potenciais cousas acerca dos nosos produtos e servizos, así como da vida dentro da nosa empresa, o cal transmite unha sensación de proximidade. Existen outros servizos de vídeo que tal vez resulten adecuados para as nosas necesidades, sen embargo, YouTube converteuse no segundo buscador mais empregado tan só por detrás de Google, e é por iso que debemos considerar seriamente facer uso desta plataforma. Pero antes de comezar a empregar unha plataforma que emite contidos, debo atender a unha estratexia dos mesmos.

En primeiro lugar, debo saber a quen me dirixo. Debo coñecer o meu publico obxectivo, e segmentalo o mais detalladamente posible, deixando sempre un espazo para o crecemento. Debo identificar ese publico e saber cales son as súas necesidades e que buscan (Sempre debemos adaptar os contidos á audiencia en función dos seus hábitos de pescuda). Debemos identificar os nosos produtos e servizos coas necesidades do cliente, o cal produce a sensación de que era iso precisamente o que estaba buscando.

Algúns contidos adecuados para construír un canal de Youtube de forma rápida e segura son as guías, as demostracións, as opinións sobre produtos, os cursos e o aprendizaxe en xeral.

Unha vez identificado ese publico, debemos seguir toda a nosa actividade a través da analítica para comprobar se estamos a chegar ao segmento desexado ou temos desviacións, pois mesmo nun canal con seguidores, tal vez non esteamos chegando ao segmento idóneo para a consecución dos obxectivos da marca.

Outra consideración asociada e que debo preguntarme: ¿Que vou a ofrecer ao meu publico obxectivo? Para o cal temos que ter identificadas as súas necesidades.

Un factor que sempre nos axuda a comprender o modelo de negocio é analizar os modelos de éxito da competencia. Eles nos darán ideas de como segmentar e presentar a información, ademais de valorar as tendencias de pescuda e a regularidade das publicacións.

Seguindo o noso branding debemos atender ao SEO (Search Engine Optimization) como elemento diferencial preciso para acadar visibilidade e viralidade. Para elo debemos cubrir as necesidades básicas dos usuarios de YouTube, que son habitualmente as de aprender e entreterse. Cantas veces temos recorrido a un vídeo en YouTube para resolver unha dubida ou para buscar un momento de diversión. Para logralo, debemos atopar un equilibrio entre ambas necesidades nos nosos  contidos. Debemos propornos buscar este tipo de difusión, contando xa dende o inicio co enfoque que vai a ter e acadando a permanencia do espectador por ser capaces de xerar interese.

Para todo elo debemos xerar contidos de calidade, un produto final onde cada aspecto creativo tense coidado con detalle, por que é preciso chegar a ser uns bos profesionais de marketing e deseño de contidos.

Eses contidos de calidade, sempre van a ir asociados a nosa marca, o cal condúcenos a aqueles valores que desexamos transmitir como o noso ideario empresarial.

Debemos conseguir que os nosos usuarios se convertan en fieis seguidores dos nosos contidos e os compartan, debemos conseguir que se formalicen como subscritores.

Como calquera proceso de comunicación debemos ter unha planificación á hora de crear contidos, e debemos estimar cal debe ser a periodicidade de publicación. As opinións acerca da periodicidade idónea difiren, pero un canal sen contidos perde toda a súa eficacia para comunicar, polo que un bo mínimo seria unha vez por semana.

Para xerar o contido, e atendendo ao SEO, debemos ver cales son as palabras claves nese momento dentro do noso segmento de mercado, e incorporalas a zonas fundamentais como o titulo, a descrición, e as etiquetas, pero ¡ollo! sen facer spam. Recordemos que o equilibrio está entre o 2% e o 5% do total do contido. Debemos ter especial consideración posta no apartado da descrición, xa que é con ela co que van a identificar o noso vídeo.

Existen 4 aspectos que determinan o valor do noso posicionamento en YouTube:

  • Numero de visitas que temos no canal
  • Tempo de visionado por parte dos usuarios
  • Numero de usuarios que indican que lles gustan ou non lles gustan os nosos vídeos
  • Numero de subscritores, favoritos e compartidos  dentro do noso total de visitas.

Youtube esta baseado nas accións dos usuarios, e eles determinan o noso posicionamento.

Unha vez creado a nosa canle e os contidos, debemos tratar de lograr mais visitas ao noso canal, para o que podemos contar con usuarios influentes, colaboracións con outros que operen no noso segmento de mercado, incorporar campañas de email-marketing, ou empregar a posibilidade de YouTube ads para promocionarnos no propio portal de YouTube.

Temos que conseguir chamadas á acción e ter en mente que buscamos conseguir do noso publico en cada interacción, xa sexa unha subscrición a nosa canle, ao noso boletín, o redirecionamento de tráfico cara a nosa web, ou a promoción e venda dun produto ou servizo concreto. Para elo modificaremos as landing page dos enlaces dos nosos vídeos, non empregando un esquema xenérico para todos.

A miña recomendación é que como en calquera ferramenta que incorporemos ao entorno dixital da nosa empresa, debemos seguir as normas básicas de creación de contidos. Isto implica atender ao SEO e reforzando a nosa identidade de marca. YouYube é unha canle máis de marketing da cal podemos aproveitarnos para estar máis cerca do noso segmento de mercado. Non desaproveitemos esta oportunidade!

 José Luis Taboada Fernández

Asesor TIC SmartPeme

Enxeñeiro informático

Fonte:  SmartPeme



« Maio 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento