Actualidade

« Atrás

Todas as claves da primeira actualización 2020 do algoritmo de Google

Data:  venres, 24 de xaneiro de 2020

Google comezou o ano ao grande: cunha nova actualización do seu algoritmo de procura. Cada vez que lemos unha noticia como esta botámonos a tremer. Especialmente, se os nosos ingresos dependen principalmente dun sitio web ou dispoñemos dunha tenda online. Neste artigo achegaremos todas as claves para coñecer en que consiste, detectar se che viches afectad@ por el e que facer para recuperarche.
 
Que é unha actualización de algoritmo de Google? 
 
Pero empecemos polo principio, explicando que é o algoritmo de Google e que supón o seu cambio ou actualización para as persoas propietarias de páxinas web. O algoritmo de Google é unha fórmula a través da cal, o buscador ordena os resultados para unha procura con termos concretos, baseándose en máis de 200 factores de posicionamento. Para influír nesta clasificación e conseguir que o noso sitio web apareza entre os primeiros resultados, utilizamos as denominadas técnicas de posicionamento SEO.
 
O obxectivo dun cambio neste algoritmo de Google é mellorar a calidade dos resultados para o usuario que realiza a procura. A pesar de que esta fórmula de posicionamento de resultados sofre centenares de pequenas actualizacións ao ano que apenas nos afectan, debemos prestar especial atención aos "Core Updates" ou actualizacións principais. Estas son anunciadas por Google e adoitan ter un gran impacto no posicionamento das URL's dos nosos sitios web. As actualizacións máis importantes na historia do buscador foron Panda (2011), Penguin (2012) e Hummingbird (2013).
 
Actualización do algoritmo de Google xaneiro 2020
 
O pasado 13 de xaneiro de 2020, Google anunciou unha destas importantes actualizacións do seu algoritmo e denominouno "January 2020 Core Update".
 
 
Aínda que non foi especialmente explícito acerca de como influiría no posicionamento, si indicou que esta actualización está relacionada coa forma na que Google avalía globalmente os sitios web e non con contidos ou sectores específicos. Por tanto, non debería afectar á estratexia de contidos da nosa web, a condición de que ofrezamos ao noso público obxectivo información adecuada, orixinal e atractiva, seguindo as pautas establecidas por Google. Por tanto, se seguimos unhas boas prácticas básicas nos nosos sitios web e non tratamos de optimizalos en exceso de forma artificial tentando enganar a Google, non deberiamos preocuparnos. 
 
Afectou o cambio de algoritmo á miña web?
 
Se te estás preguntando cando poderás saber se terá efecto na túa web, debes saber que as actualizacións actúan progresivamente e necesitan unhas dúas semanas para completarse. Por tanto, nos próximos días teremos que estar atentos á analítica da nosa web para comprobar se nos afectou de maneira negativa ou positiva (si, un cambio de algoritmo de Google tamén nos pode afectar positivamente). Para iso, podemos utilizar o informe "Rendemento" de Google Search Console e analizar a evolución de posición media, clics e impresións das palabras crave polas que aparecemos no buscador. Tamén podemos saber se sufrimos algunha penalización se detectamos a través de Google Analytics unha caída do tráfico orgánico repentina e progresiva, varias páxinas do noso dominio desaparecen dos resultados de Google ou se a nosa web deixa de aparecer no buscador, é dicir se Google a desindexa.
 
Son varias as plataformas de analítica web que están a recompilar a información de miles de sitios web para comprobar a súa evolución e extraer conclusións. Desde o anuncio do algoritmo, a volatilidade das SERP's (os resultados no buscador) disparouse ata un 200%. Isto indica que se está producindo un "baile" moi acusado nos resultados de procura de Google, así que debemos permanecer alerta.
 
 
Novos cambios na aparencia do buscador
 
Coincidindo con este cambio de algoritmo, Google introduciu lixeiras modificacións na aparencia dos resultados de procura para computadores. Notáchelos? Actualmente mostra o favicon do sitio web á esquerda de cada resultado. Así mesmo, os anuncios móstranse de forma máis discreta, coa palabra "Anuncio en negrita".
 
Notaches algún cambio no posicionamento das páxinas do teu sitio web? Un aumento ou descenso acusado das túas vendas online? Se necesitas axuda co posicionamento da túa web, contacta con Smartpeme e axudarémosche.
 
Esther  Garcinuño de  Pablos
Asesora TIC Smartpeme
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento