Tes unha empresa con servizos e solucións tecnolóxicas para o sector turístico - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Tes unha empresa con servizos e solucións tecnolóxicas para o sector turístico
Data: mércores, 09 de maio de 2018
PARTICIPACIÓN NOS "ENCONTROS DEMOSTRACIÓN TIC"
‣ Conscientes da importancia que ten o sector turístico e das características diferenciais que fan da nosa provincia un destino único, a Deputación de Pontevedra está a desenvolver distintas accións de apoio ao sector orientadas a mellorar a competitividade e eficiencia do sector mediante a aplicación de novas solucións tecnolóxicas.
Así nace TurisTIC, unha nova carteira de servizos do proxecto SmartPeme que desenvolve semanalmente talleres formativos especializados e presta asesoramento personalizado entre outras actividades orientadas a apoiar ao tecido empresarial turístico.
Co obxectivo de achegar e promover o coñecemento e os servizos tecnolóxicos aplicados ao ámbito turístico, estamos a organizar unha programación de eventos mensuais baixo a denominación "ENCONTROS DEMOSTRACIÓN TIC" que servirán de escaparate para as empresas interesadas en ofertar os devanditos servizos.
Se queres para participar soamente terás que cubrir o formulario que atoparás aquí antes do próximo luns 14 de maio e poñerémonos en contacto contigo.
Fonte: SmartPeme