Actualidade

« Atrás

Tes unha empresa con servizos e solucións tecnolóxicas para o sector turístico

Data:  mércores, 09 de maio de 2018

PARTICIPACIÓN NOS "ENCONTROS DEMOSTRACIÓN TIC"
 
 
‣ Conscientes da importancia que ten o sector turístico e das características diferenciais que fan da nosa provincia un destino único, a Deputación de Pontevedra está a desenvolver distintas accións de apoio ao sector orientadas a mellorar a competitividade e eficiencia do sector mediante a aplicación de novas solucións tecnolóxicas. 
 
 
Así nace  TurisTIC, unha nova carteira de servizos do proxecto  SmartPeme que desenvolve semanalmente talleres formativos especializados e presta asesoramento personalizado entre outras actividades orientadas a apoiar ao tecido empresarial turístico. 
 
Co obxectivo de achegar e promover o coñecemento e os servizos tecnolóxicos aplicados ao ámbito turístico, estamos a organizar unha programación de eventos mensuais baixo a denominación "ENCONTROS DEMOSTRACIÓN TIC" que servirán de escaparate para as empresas interesadas en ofertar os devanditos servizos.
 
Se queres para participar soamente terás que cubrir o formulario que atoparás aquí antes do próximo luns 14 de maio e poñerémonos en contacto contigo.
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30