Actualidade

« Atrás

SmartPeme estará presente na XX edición de FranquiAtlántico

Data:  luns, 24 de febreiro de 2020

Smartpeme estará presente na feira FranquiAtlántico, que se celebrará este sábado día 29 de febreiro na sede de Afundación, na rúa Policarpo Sanz, 24-26, Vigo.
 
Durante a feira, que se levará a cabo entre as 10:00 e as 18:00 horas, as persoas asistentes poderán visitar a caseta de Smartpeme, así como o do resto de empresas franquiadoras, consultoras, Empresas de Traballos Temporais, institucións ou colectivos empresariais… Todas elas cunha clara vocación ao asesoramento de franquías, así como a novas ou futuras persoas emprendedoras.
 
Nesta nova edición, refórzase a aposta polos conceptos de negocio en franquía, deseñados para as persoas emprendedoras que desexan ter o seu propio negocio en formato autoemprego, xa que cada vez é maior o número de persoas que deciden emprender.
 
Unha vez máis, FranquiAtlántico (cuxo ámbito de influencia é Galicia, Asturias, León, Zamora e o norte de Portugal), converterase no centro do negocio franquiador e no punto de unión entre empresas e futuros franquiados, asociacións e organismos referentes no sector.
 
Entre os sectores representados en FranquiAtlántico atópanse o lecer e o entretemento, hostalería e restauración, alimentación, moda, rotulación e impresión, saúde e benestar, telefonía e telecomunicacións, xoiería, perfumería, servizos, consultoría e outras actividades emerxentes.
 
Ademais, a feira contará coa área do Emprendedor na Era Dixital. Un espazo dedicado a relatorios, talleres, mesas, coloquios e outras diversas actividades onde se dispoñerá dos medios e os mellores profesionais para desenvolver esa maridaxe entre as franquías, emprego e o novo mundo dixital.
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento