Resolución da concesión de pago dos premios do itinerario de emprendemento 2022 - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Resolución da concesión de pago dos premios do itinerario de emprendemento 2022
Data: luns, 02 de xaneiro de 2023
Dada a importancia do emprendemento na dinamización da economía, Smartpeme creou unha liña especializada de emprendemento dentro da carteira Impulsa. Desta forma, ao longo deste ano e grazas a un itinerario de actividades complementarias ligadas ao emprendemento, foi posible dar o apoio necesario ás persoas emprendedoras, tanto en asesoramentos como en formación específica, para impulsar os seus proxectos e ideas de negocio.
Este itinerario rematou o pasado 20 de decembro, coa finalización da última acción do ciclo, a V Aceleradora de Empresas do Sector Turístico.
Por iso, para consultar con detalle a Resolución Presidencial da concesión de pago dos I Premios Anuais de Emprendemento, pode facer CLIC AQUÍ.
E, para consultar con detalle a Resolución Presidencial da concesión de pago dos premios das accións do Programa de Apoio ao Emprendemento, pode facer CLIC AQUÍ.
Fonte: SmartPeme