Actualidade

« Atrás

Posta en marcha do Programa de aceleración de empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra

Data:  martes, 02 de xuño de 2020

Xa está en marcha o Programa de aceleración de empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra desenvolto polo servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra, que nace co obxectivo principal de axudar a este sector para reactivarse tras o parón sufrido polo Estado de Alarma, asesorando a pequenas empresas e persoas emprendedoras e autónomas a desenvolver novos proxectos e innovar nos negocios xa existentes, principalmente a través do comercio en liña.
 
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, a mentorización, que inclúe o deseño da folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do proxecto e o programa intensivo de titorías, que consta de sesións de traballo individualizada con persoas asesoras expertas en tecnoloxía, en imaxe dixital e unha sesión cun especialista en competitividade empresarial (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
A segunda fase serían as actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados ao comercio en liña e redes sociais, imaxe dixital e competitividade empresarial.
 
As actividades do Programa de aceleración executaranse ata o 30 de setembro e o número de sesións e a frecuencia axustarase ás necesidades de cada empresa.
 
Entre unha vintena de proxectos candidatos, 10 foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa e que xa están a comezar a asesorarse: Karina Kova (centro de estética e beleza), Comercial Limeres (venda de lámpadas decorativas), Tolf (tenda de roupa feminina), Tipi Festas Galicia (empresa organizadora de eventos), Foodies and travellers (turismo gastronómico), Blaurtopías (venda de artesanía), Broderie (produtos para os máis pequenos feitos a man), Infusiónate (venda de tés e infusións a granel), SS3 Professional (comercialización de deterxentes biodegradables e ecolóxicos) e Tamerlán (limpeza e restauración de alfombras).
 
As principais demandas baséanse na creación ou actualización de páxinas web, desenvolvemento de tendas virtuais e xestión de redes sociais e outras ferramentas de promoción e publicidade que axuden a gañar visibilidade a estes negocios.
 
Desta maneira, axudarase á adaptación do comercio minorista local ás novas tecnoloxías, conseguindo novas canles de venda e promoción que lles permitan chegar a máis clientela e así tratar de recuperar os meses de parón que sufriron no primeiro semestre de 2020.
 
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento