Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra
Data: luns, 09 de xullo de 2018
Antecedentes
En xuño do ano 2016 a Deputación de Pontevedra puxo en funcionamento a rede Smartpeme, co fin de establecer un servizo de asesoramento ás persoas emprendedoras, autónomas e PEMES da provincia de Pontevedra no uso de ferramentas de corte tecnolóxico, para mellorar así a súa eficiencia, produtividade e competitividade.
Conscientes da importancia que ten o sector turístico e das características diferenciais que fan da nosa provincia un destino único, a Deputación de Pontevedra está a desenvolver diferentes accións de apoio orientadas a mellorar a competitividade e eficiencia do sector turístico, entre as que cabe destacar o programa TurisTIC lanzado no ano 2018.
O programa ten como principal obxectivo servir de apoio e guía para a mellora da competitividade e eficiencia das empresas do sector turístico mediante a incorporación das novas tecnoloxías nos distintos elos da cadea de valor.
Para iso, desenvólvense distintas actividades de capacitación tecnolóxica en puntos da rede Smartpeme e préstase asesoramento personalizado a demanda, ademais doutras actividades, entre as que se atopa o programa de aceleración de empresas que nos ocupa.
A quén vai dirixido?
A aceleradora de empresas está dirixida a persoas emprendedoras, empresarias, autónomas e pemes da provincia de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter a preparación técnica para desenvolver o proxecto de aceleración e unha gran motivación e compromiso co programa.
- Querer mellorar as súas capacidades e habilidades para acelerar o seu proxecto empresarial.
- Ter a dispoñibilidade e compatibilidade para seguir as accións formativas, tanto no seu parte virtual como no seu parte presencial.
Actividades
O programa de aceleración está formado polas seguintes actividades:
Periodo lectivo
A primeira edición do programa de aceleración desenvolverase entre o 16 de xullo e o 19 de outubro de 2018.
O número de sesións de mentorización e a frecuencia e temáticas das mesmas axustarase ás necesidades de cada empresa e mentor.
Cómo inscribirche?
A aceleradora de empresas do sector turístico, na súa primeira edición, acollerá un máximo de 5 empresas que serán seleccionadas por rigorosa orde de inscrición. As restantes empresas inscritas formarán parte da lista de espera e terán acceso a esta primeira edición en caso de quedar algunha vacante ou, no seu caso, á segunda edición, sempre por rigorosa orde de inscrición.
Pica en SOLICITA A TÚA PRAZA
Unha vez que recibamos o teu formulario de inscrición debidamente cumprimentado, poñerémonos en contacto contigo canto antes para comunicarche o estado da túa solicitude.
Normas xerais
- Poderá presentar a súa solicitude toda persoa maior de idade que desenvolva o seu proxecto empresarial na Provincia de Pontevedra.
- Se o Proxecto xa está constituído como entidade xurídica, esta debe ter o seu domicilio social e principal centro de actividade en Pontevedra.
- No caso de que o Proxecto non estea aínda constituído como entidade xurídica, o equipo promotor debe residir na Provincia de Pontevedra.
- Os solicitantes serán responsables de que os datos proporcionados sexan correctos, veraces e completos.
- A Deputación de Pontevedra poderá denegar o acceso á convocatoria se devanditos datos resultan ser falsos ou inexactos.
- O medio de comunicación preferente durante o proceso de selección será o correo electrónico.
- Todos os solicitantes presentan as súas propostas baixo a súa única e exclusiva responsabilidade, garantindo que o contido das mesmas non infrinxe ningún tipo de dereitos, en particular os de propiedade intelectual de terceiros.
- Neste sentido, a Deputación e colaboradores, exímense de toda responsabilidade derivada de reclamos de terceiras partes.
Fonte: SmartPeme