Actualidade

« Atrás

Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra

Data:  luns, 09 de xullo de 2018

Antecedentes
 
En xuño do ano 2016 a Deputación de Pontevedra puxo en funcionamento a rede Smartpeme, co fin de establecer un servizo de asesoramento ás persoas emprendedoras, autónomas e PEMES da provincia de Pontevedra no uso de ferramentas de corte tecnolóxico, para mellorar así a súa eficiencia, produtividade e competitividade.
 
Conscientes da importancia que ten o sector turístico e das características diferenciais que fan da nosa provincia un destino único, a Deputación de Pontevedra está a desenvolver diferentes accións de apoio orientadas a mellorar a competitividade e eficiencia do sector turístico, entre as que cabe destacar o programa TurisTIC lanzado no ano 2018.
 
O programa ten como principal obxectivo servir de apoio e guía para a mellora da competitividade e eficiencia das empresas do sector turístico mediante a incorporación das novas tecnoloxías nos distintos elos da cadea de valor.
 
Para iso, desenvólvense distintas actividades de capacitación tecnolóxica en puntos da rede Smartpeme e préstase asesoramento personalizado a demanda, ademais doutras actividades, entre as que se atopa o programa de aceleración de empresas que nos ocupa.
 
A quén vai dirixido?
 
A aceleradora de empresas está dirixida a persoas emprendedoras, empresarias, autónomas e pemes da provincia de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:
  • Ter a preparación técnica para desenvolver o proxecto de aceleración e unha gran motivación e compromiso co programa.
  • Querer mellorar as súas capacidades e habilidades para acelerar o seu proxecto empresarial.
  • Ter a dispoñibilidade e compatibilidade para seguir as accións formativas, tanto no seu parte virtual como no seu parte presencial. 
Actividades
 
O programa de aceleración está formado polas seguintes actividades:
 
 
Periodo lectivo
 
A primeira edición do programa de aceleración desenvolverase entre o 16 de xullo e o 19 de outubro de 2018.
 
O número de sesións de mentorización e a frecuencia e temáticas das mesmas axustarase ás necesidades de cada empresa e mentor.
 
Cómo inscribirche?
 
A aceleradora de empresas do sector turístico, na súa primeira edición, acollerá un máximo de 5 empresas que serán seleccionadas por rigorosa orde de inscrición. As restantes empresas inscritas formarán parte da lista de espera e terán acceso a esta primeira edición en caso de quedar algunha vacante ou, no seu caso, á segunda edición, sempre por rigorosa orde de inscrición.
 
 
Unha vez que recibamos o teu formulario de inscrición debidamente cumprimentado, poñerémonos en contacto contigo canto antes para comunicarche o estado da túa solicitude.
 
Normas xerais
  • Poderá presentar a súa solicitude toda persoa maior de idade que desenvolva o seu proxecto empresarial na Provincia de Pontevedra. 
  • Se o Proxecto xa está constituído como entidade xurídica, esta debe ter o seu domicilio social e principal centro de actividade en Pontevedra.
  • No caso de que o Proxecto non estea aínda constituído como entidade xurídica, o equipo promotor debe residir na Provincia de Pontevedra.
  • Os solicitantes serán responsables de que os datos proporcionados sexan correctos, veraces e completos. 
  • A Deputación de Pontevedra poderá denegar o acceso á convocatoria se devanditos datos resultan ser falsos ou inexactos.
  • O medio de comunicación preferente durante o proceso de selección será o correo electrónico. 
  • Todos os solicitantes presentan as súas propostas baixo a súa única e exclusiva responsabilidade, garantindo que o contido das mesmas non infrinxe ningún tipo de dereitos, en particular os de propiedade intelectual de terceiros. 
  • Neste sentido, a Deputación e colaboradores, exímense de toda responsabilidade derivada de reclamos de terceiras partes.
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento