Actualidade

« Atrás

Presentado o Informe eEspaña 2014

Data:  mércores, 16 de xullo de 2014

 

Uso de actividades sociais nos teléfonos intelixentes; porcentaxe sobre o total de usuarios de teléfonos intelixentes entrevistados para o estudo

Un ano máis a Fundación Orange publicou o seu informe sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información en España, o Informe eEspaña 2014

Algúns datos que cómpre salientar:

  • España segue no posto 16 no ránking europeo de desenvolvemento da Sociedade da Información; Suecia ocupa este ano o primeiro posto.
  • España sitúase por enriba do 50 por cento canto a poboación que usa o móbil para conectarse a internet, aínda que para o que máis o empregan é para a comunicación social —mensaxería instantánea, redes sociais e correo electrónico—, algo no que imos por diante da Unión Europea.
  • España alcanzou tres dos obxectivos que lle fixa a Axenda Dixital Europea para 2015: poboación con acceso a internet de 100 Mbps (un 52 % fronte ó 50 % que era o obxectivo para 2015), poboación con cobertura de conexións mixtas de fibra e coaxiais a casa (un 47 %, que era o obxectivo para 2015) e só un 32,2 de reclamacións por asuntos de fabricación fronte ó 35 % que era o obxectivo de 2015

O que segue sendo un gran fracaso é o DNI electrónico, que só é utilizado por un 0,02% das persoas que o teñen.

http://www.microsiervos.com/archivo/internet/presentado-informe-eespana-2014.html

Fonte:  http://www.microsiervos.com



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento