Actualidade

« Atrás

Presentación SmartPeme Redondela

Data:  mércores, 19 de outubro de 2016

O vindeiro xoves 3 de novembro do 2016, as 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme na Casa de Cultura (praza de Jose Figueroa, 3), en Redondela.

Dona María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Don Javier Bas Corugeira, alcalde de Redondela, presentarán os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial redondelán.

SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.

Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e do asesor TIC SmartPeme Andrés Carrera Lopo, que afondarán en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolverán as dubidas que poidan xurdir.

Para rematar, no caso de estar interesado nos servizos ofertados, trala xornada pode ter a súa primeira reunión individualizada con seu asesor TIC. Para iso, rogámoslle que solicite cita previa chamando ao 886 20 20 20, mediante correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición.

Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario.

 

10:00 - Apertura da Xornada

María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra

Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

Javier Bas Corugeira, alcalde de Redondela

10:30 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme

José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme

Andrés Carrera Lopo, asesor TIC SmartPeme

11:30 - Descanso

12:00 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

14:00 - Descanso comida

15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento