Actualidade

« Atrás

Organización 2.0 contará cunha ducia de relatores TIC

Data:  luns, 23 de xuño de 2014

venres 20 de xuño do 2014, por Fernando Sarasqueta 

O 27 de xuño, como avanzamos os días pasados, celébrase no Consorcio da Zona Franca de Vigo a segunda edición do Congreso Internacional Organización 2.0. O evento será inaugurado pola delegada do Estado Teresa Pedrosa e as súas liñas temáticas xirarán arredor das tecnoloxías de participación, as comunidades e o emprendemento baseado no uso das redes sociais. O programa afondará nas múltiples potencialidades das solucións tecnolóxicas actuais, baseadas na participación dos internautas, para contribuír ao desenvolvemento produtivo das organizacións. En detalle, participarán máis de dez prestixiosos relatores amosando metodoloxías para virar as ferramentas colaborativas en fonte de produtividade e eficiencia.
A nivel empresarial, terán presenza no encontro organizacións como Cortizo, Bosch ou Invertaresa, amais de contarse con centros tecnolóxicos como AIMEN. 
O congreso virá da man da consultoría de mercadotecnia Comasis e a consultoría de innovación Inova, co apoio de APD. Celebrarase en horario de mañá nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo en Bouzas, comezando ás 9:00 horas co acto de inauguración, a cargo da delegada Teresa Pedrosa, e seguindo coa presentación do concepto Organización 2.0 exposta por Santiago Sesto (director Zona Noroeste APD) e Luis Calvo (CEO de Comasis). Logo desenvolveranse relatorios a cargo de "prestixiosos consultores internacionais, produtores de ferramentas 2.0 e organizacións que na actualidade xa gozan das vantaxes que carrexan a aplicación deste tipo de solucións nas súas organizacións", explican os organizadores do congreso. A listaxe de relatores confórmana Xavier Orozco, Alberto Casal, Lorenzo Garrido, Santiago Vázquez, Antonio Soto, Francisco Javier Barreiro, Alfredo Caruncho, Ramiro Iglesias, Jesús Fraga, Óscar Zorrilla e os devanditos Santiago Sesto e Luis Calvo. O programa, que concluirá cunha mesa redonda na que se exporán casos de éxito de empresas en materia de comunidades e redes sociais, abranguerá tres bloques temáticos: Estratexia 2.0, Talento e coñecemento e Innovación conectada 2.0. A asistencia ao congreso é de balde e inclúe aparcadoiro e almorzo.

http://www.codigocero.com/Organizacion-2-0-contara-cunha

Fonte:  http://www.codigocero.com/Organizacion-2-0-contara-cunha



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento