O CITIC e o Clúster TIC xuntan forzas para amosar o potencial das tecnoloxías intelixentes nos negocios - Actualidade
Actualidade
O CITIC e o Clúster TIC xuntan forzas para amosar o potencial das tecnoloxías intelixentes nos negocios
Data: martes, 24 de xuño de 2014
luns 23 de xuño do 2014, por
- Exterior do centro de investigación TIC con sede no Campus da Coruña
O CITIC segue adiante coa súa intensa actividade de divulgación, unha faceta coa que tendes pontes de comunicación coas profesionais tecnolóxico-dixitais da nosa terra e en última instancia coa cidadanía galega. Nesta liña informativa (complementaria da investigadora e consecuencia desta) é onde se insire a xornada técnica prevista para o vindeiro 3 de xullo, no propio edificio do centro tecnolóxico coruñés no campus de Elviña. O evento Tecnoloxías Intelixentes: aplicacións e oportunidades de negocio, organizado polo CITIC e mailo Clúster TIC Galicia, servirá entre outras cousas para amosar de primeira man o potencial das tecnoloxías intelixentes no eido empresarial.
Entre os proxectos que se van presentar ao longo da xornada figuran o proxecto inLOC para a localización de interiores (aproveitamento de infraestruturas alternativas aos sistemas GPS, para o seu uso en interiores, Wi-Fi principalmente pero tamén Bluetooth Low Energy ou Ultrawideband) ou o proxecto MiaSoft, do que xa temos falado en Código Cero e que consiste nun software integrado para o control e seguimento intelixente do Síndrome de Apneas/Hipopneas do Sono, analizando os sinais monitorizados en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna.
Segundo informa a organización do evento, os investigadores do CITIC estarán dispoñíbeis para solucionar as dúbidas das persoas que estean interesadas nestas ou noutras iniciativas do centro tecnolóxico, presentando liñas de traballo e amosando as demostracións específicas.
A asistencia á xoranda é aberta pero, debido á limitación de aforo, é preciso o rexistro de todos os asistentes enviando un correo ao enderezo info@clusterticgalicia.com antes do martes 1 de xullo.
Fonte: http://codigocero.com/O-CITIC-e-o-Cluster-TIC-xuntan
Rexistro
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información