Actualidade

« Atrás

Novas sesións de capacitación tecnolóxica para micropemes e autónomos nos CPAE 2.0 da Deputación de Pontevedra

Data:  xoves, 15 de xaneiro de 2015

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) da Deputación  de Pontevedra que presta asesoramento a pequenas empresas e autónomos da provincia, programou para o presente mes de xaneiro, 42 obradoiros de capacitación tecnolóxica nos seis puntos CPAE 2.0 situados en Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.

Tras as pasadas festas de Nadal, a Deputación de Pontevedra lanza novos obradoiros de capacitación tecnolóxica no uso das novas tecnoloxías e a adopción das Tecnoloxías da Información, que o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 presta ó colectivo de empresarios e autónomos da provincia, este é un dos servizos mais demandados. A partires desta semana celebraranse un total de 42 obradoiros nas aulas de actividades anexas aos despachos de asesoramento, en cada un dous seis puntos do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) nos que se atende as micropemes e autónomos sen custo algún, ofrecendo un asesoramento TIC especializado, individualizado e continuado. Estes puntos CPAE 2.0 situados en Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo, son atendidos por asesores TIC especializados e ademais contase cunha oficina coordinadora en Pontevedra onde se derivan as consultas mais complexas e xéranse todos os contidos. Ademais do servizo de capacitación tecnolóxica a Deputación ofrece outros cinco servizos mais; o de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC, o de titorización na incorporación das Novas Tecnoloxías, a demostración de produtos e solucións TIC, o acompañamento para o uso do comercio electrónico e finalmente o servizo de procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico.

Nestes novos obradoiros do mes de xaneiro destacan os relativos á Factura Electrónica, que se desenvolveran en todos os puntos CPAE 2.0 e nos que se facilitará a pequenas empresas e autónomos, ferramentas para a facturación electrónica có conseguinte aforro en custes e a mellora da eficiencia das empresas. Tamén facilitarase o proceso para que as empresas sexan capaces de facturar electrónicamente ás Administracións Públicas, requisito obrigatorio a partires do vindeiro 15 de xaneiro.

Ademais haberá obradoiros nos que se falará dunha forma práctica, sobre Marketing en liña para favorecer o aumento das vendas de autónomos e pequenas empresas, aplicacións empresariais esenciais para pemes e profesionais autónomos, redes sociais para a venda e a atención aos clientes, presenza online, recomendación e manexo de aplicacións básicas: correo electrónico, etc; como utilizar eficientemente Google, Google apps for Work, recursos e ferramentas para os negocios, almacenamento na nube, comercio electrónico para micropemes e aplicacións móbiles para as micropemes entre outros.

No mes de xaneiro, haberá tamén 18 sesións informativas de presentación e adhesión ao Centro de Comercio Virtual www.ponteacomprar.com da provincia de Pontevedra, unha nova canle de venda online na que de balde os produtores ou empresas de servicios poderán poñer a venda os seus produtos e servizos, podéndose beneficiar deste gran escaparate e do gran número de accións de marketing que están previstas. Esta é outra das iniciativas da Deputación de Pontevedra coa que se pretende favorecer a competitividade do tecido empresarial da provincia creándose ademais novos postos de traballo no ámbito do comercio electrónico, moi favorable na actualidade.

Eventos para xaneiro por punto CPAE 2.0

CPAE 2.0 Cambados

  • 12 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 15 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas
  • 20 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Aplicacións móbiles para as micropemes
  • 22 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 27 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 28 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Redes sociais para a venda e a atención a clientes
  • 31 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas
    Cómo facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas

CPAE 2.0 Lalín

  • 14 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 15 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas
  • 20 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 22 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
  • 24 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas
  • 27 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Redes sociais primeiros pasos
  • 29 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com

CPAE 2.0 O Porriño

  • 15 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 16 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas
  • 19 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 21 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
  • 27 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 29 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Como empregar eficientemente Google e Google apps for Work
  • 31 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas

CPAE 2.0 Ponteareas

  • 15 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 16 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas
  • 21 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Como empregar eficientemente Google e Google apps for Work
  • 23 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 26 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Comercio electrónico para micropemes
  • 28 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 31 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas

CPAE 2.0 Pontevedra

  • 15 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas
  • 16 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 20 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 23 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Presenza online: Iniciación ó márketing dixital
  • 27 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 29 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Redes sociais primeiros casos
  • 31 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas

CPAE 2.0 Vigo

  • 14 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 15 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas
  • 19 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    Redes sociais para a venda e a atención a clientes
  • 20 de xaneiro de 19:00 a 21:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 26 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    Aplicacións empresariais esenciais
  • 29 de xaneiro de 13:00 a 15:00 horas
    O centro de comercio virtual Ponteacomprar.com
  • 31 de enero de 11:00 a 13:00 horas
    Como facturar electrónicamente ás empresas e ás Administracións Públicas

Fonte:  Diputación de Pontevedra



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento