Actualidade

« Atrás

Nova convocatoria de axudas do IGAPE

Data:  xoves, 15 de setembro de 2016

O IGAPE presentou este 9 de setembro unha nova convocatoria de axudas orientada a pemes e micropemes

Concibidas para favorecer o investimento en Galicia e máis por considerar prioritario potenciar o acceso ao crédito das pemes galegas, estas axudas están financiadas na súa totalidade por fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e contan cun orzamento duns 12 millóns de euros.

Para optar a ser beneficiarias da axuda, as empresas deben desenvolver a súa unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, financiar unha parte do proxecto con recursos propios, ou financiamento externo, e demostrar ser técnica e financeiramente viables.

As axudas outorgaranse dende unha contía mínima de 70.000 euros, e materializaranse mediante prestamos con períodos de amortización de entre 2 a 11 anos, coa posibilidade dun ano de carencia, e xuros que variaran en función do Euribor, as cantidades solicitadas e máis as garantías aportadas, pero que en ningún caso serán inferiores ao 0%.

A aceptación destas axudas supón certos compromisos, como o de manter o centro de traballo en Galicia, e supón unha axuda implícita equivalente ao aforro na carga financeira que supón para os beneficiarios respecto a un préstamo alternativo a prezos de mercado.

O prazo de presentación das axudas remata o vindeiro 10 de outubro de 2016, e pode atoparse máis información na seguinte ligazón.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento