Actualidade

« Atrás

Nace Facebook Shops, nova plataforma de venta en liña para todo tipo de negocios

Data:  venres, 29 de maio de 2020

Coa crise xerada polo COVID 19, o xigante das redes sociais, Facebook, acaba de facer público a súa nova aposta polo comercio dixital. Facebook Shops nace coa finalidade de que calquera empresa ou comercio presente nesta rede social poida ofrecer o seu catálogo de produtos ou servizos a través da propia plataforma, incluíndo Instagram e WhatsApp.
 
En palabras do propio fundador de Facebook, "Facebook Shops" nace coa intención de "facilitar ás empresas a creación dunha única tenda en liña na cal os clientes poidan acceder tanto en Facebook como en Instagram". Seguindo coas propias palabras do fundador do xigante estadounidense, afirmou que "o noso obxectivo é facer que a compra sexa perfecta e permitir que calquera persoa, dende un propietario dunha Peme ou ata unha marca global, use as nosas aplicacións para conectarse cos seus clientes. Por iso lanzamos Facebook Shops e estamos invertindo en novas funcionalidades das nosas aplicacións que inspiren á xente á hora de comprar e faciliten os procesos de compra e venta en liña". 
 
Un dos aspectos máis interesantes que presenta este novo servizo é que se complementará con plataformas externas como Woo, Shopify e BigCommerce. O proceso será sinxelo e gratuito e permitirá a posibilidade de crear galerías de produtos dende a mesma Fan Page e comezar así a realizar a venta en liña. Os comercios e empresas poderán abrir un novo canle de atención ao cliente e de facer as compras a través dunha burbulla de chat.
 
Con esta nova iniciativa, pequenas e grandes empresas poderán vender aos milleiros de usuarios que forman parte do universo Facebook, algo así coma 2.320 millóns de persoas detrás dunha pantalla por todo o mundo. De momento, temos que esperar ao seu lanzamento e consolidación que pode durar uns meses, pero perfílase coma un novo triunfo de Facebook.  
 
A rede social de Mark Zuckerberg xa conta con grandes beneficios para os seus usuarios como Facebook Marketplace, que dende 2016 consolidouse como a sección de compraventa de segunda man. Con este servizo, Facebook ofreceu unha experiencia de compraventa moi sinxela e fácil, permitindo realizar transaccións a nivel local. Ademais, tamén conta coa opción de "tenda" e "servizos" para todos aqueles comercio que dispoñan dunha Fan Page cunha "plantilla de negocios".
 
Teremos que esperar a que sexa dispoñible en España e, sen dúbida, será unha gran vantaxe non só para o comercio, senón tamén para sectores tan dispares coma a hostelería ou restaurantes, que poderán manter a opción de pedidos a domicilio, e así, continuar xerando o futuro do comercio en liña.
 
Fátima Faílde
Asesora TIC

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento