Actualidade

« Atrás

Mobilizarán 10 millóns de euros para a modernización tecnolóxica das pemes

Data:  xoves, 10 de xullo de 2014

O director do IGAPE, Javier Aguilera, salientou hoxe que os apoios concedidos ó abeiro do programa para impulsar a competitividade das pemes galegas do sector servizos mediante a modernización dos equipamentos tecnolóxicos mobilizarán 10 millóns de euros en proxectos de preto de 150 empresas e permitirán a creación ou o mantemento de máis de 1.700 postos de traballo.

Aguilera destacou que as axudas aprobadas, un total de 4,7 millóns de euros, duplican as concedidas o ano anterior. Subliñou tamén que, por primeira vez neste programa e ó abeiro da nova Lei do emprendemento, se primaron os proxectos desenvolvidos por empresas novas con  ata 42 meses de funcionamento, unha de cada catro beneficiarias.

Estes apoios, cos que se impulsan proxectos con investimentos subvencionables entre 30.000 e 200.000 euros, están especialmente dirixidos a empresas con vocación de crecemento e capacidade de modernizarse como medios para aumentar a súa competitividade. Ó mesmo tempo o programa ten como finalidade contribuír ó crecemento sustentable e, en consecuencia, favorecer o emprego, con especial incidencia en colectivos de difícil inserción, e a xeración de riqueza.

Os proxectos que se aprobaron impulsarán a modernización e mellora competitiva de pequenas e medianas empresas do sector servizos que abranguen áreas de actividade como as TIC e a informática, a enxeñería, o turismo ou o medio natural.

O director do IGAPE informou tamén de que, co obxectivo de impulsar a capacidade de modernización das pemes galegas, concedéronse máis de 400.000 euros en apoios para a organización de 48 encontros ou xornadas técnicas destinadas á transmisión de técnicas, ferramentas e boas prácticas nos ámbitos da mellora da competitividade, do emprendemento ou da internacionalización.

Nota de prensa

09/07/2014

http://codigocero.com/Mobilizaran-10-millons-de-euros

 

Fonte:  http://codigocero.com



« Maio 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento