Actualidade

« Atrás

A revolución do 5G: o gran aliado do márketing dixital

Data:  venres, 29 de novembro de 2019

 
 
Paraches a pensar algunha vez en todos os dispositivos electrónicos conectados a internet que utilizamos de maneira cotiá? Smartphoneswearables como o smartwatch e pulseiras intelixentes, tablets, computadores, TV, asistentes virtuais… Actualmente, grazas á tecnoloxía 4G, estes dispositivos conéctanse a internet para poder traballar e ofrecer as súas infinitas posibilidades a pleno rendemento. 
 
Para 2020, prevese que tras varios anos de espera, ao fin comercialícese o famoso 5G. Debido a isto, os tempos de carga serán aínda máis rápidos que os actuais, chegando a ser dez veces mellores. Esta nova inmediatez na conectividade ofrece, sen dúbida, infinitas posibilidades, pero uno dos campos que se verá favorecido pola chegada desta nova tecnoloxía, é o márketing dixital e a publicidade online.
 
A realidade virtual soa con forza  na era do 5G. Grazas a este novo escenario tecnolóxico, prevese que as grandes marcas utilicen, cada vez máis, a realidade virtual como maneira de levar a cabo campañas de publicidade e márketing máis impactantes. Grazas á aplicación desta nova tecnoloxía, poderase ofrecer á persoa consumidora unha visión do produto máis realista sen ter o propio obxecto en cuestión entre as súas mans.
 
Doutra banda, unha das grandes vantaxes para as empresas, é que co 5G calquera pantalla pode ser un soporte interactivo para a súa campaña de márketing dixital.  Iso débese a que grazas á nova velocidade de carga, permitirase mostrar mensaxes máis complexas e adaptados aos consumidores e consumidoras a tempo real. Isto quere dicir que a publicidade será mellor xa que estará ultra personalizada, e por tanto pode ser máis efectiva. Poderemos falar da capacidade de emitir anuncios en momentos que se determinen como clave, por exemplo emitir anuncios concretos tras pasar por diferentes puntos da tenda ou cidade incitando ao proceso de compra.
 
A chegada da realidade aumentada á publicidade de maneira habitual, os vídeos en directo de gran calidade, a comercialización segundo os datos de localización do cliente… son só algúns dos cambios que introducirá o 5G coa súa chegada. Será o 2020, como está previsto, o ano da gran revolución?
 
Deixámosvos cun interesante vídeo que explica o 5G de maneira detallada! Clic aquí !
 
Laura Carrera 
Asesora Tic SmartPeme

Fonte:  SmartPeme



« Marzo 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31