Actualidade

« Atrás

A nova imaxen de TripAdvisor: Todo o que necesitas saber

Data:  luns, 19 de novembro de 2018

A día de hoxe, cando queremos realizar unha viaxe, o primeiro que facemos é buscar destinos, medios de transporte ou aloxamentos. Para esta ardua tarefa, moitas veces deixámonos aconsellar por familiares ou amigos, aínda que, nos últimos tempos, coa aparición de numerosas páxinas web onde se recompilan as opinións de distintos usuarios, as cousas cambiaron.

Neste contexto, xorde TripAdvisor no ano 2000 coa idea de ofrecer críticas sobre establecementos realizadas polos usuarios. O que se pretendía coa súa creación era establecer un motor de procura que recompilase información útil para organizar unha viaxe. 

Desde entón, a influencia da devandita páxina traspasou calquera barreira. Para que nos podamos facer unha idea, máis de 300 millóns de visitantes únicos ao mes visitan o portal e conta con máis de 200 millóns de comentarios e opinións sobre aloxamentos e restaurantes.

Segundo un estudo de comScore do ano 2017, durante o proceso de organización e reserva de viaxes, o 60% das persoas que reservan online as súas viaxes visitaron TripAdvisor, e un 74% utilizaron a web para reservar nas páxinas web dos hoteis.

Se ben, TripAdvisor coa nova imaxe da súa web e app para dispositivos móbiles que vai implantar a finais deste ano busca renovarse e ofrecer unha serie de funcionalidades novas, achegándolle máis valor. O que pretende é converterse nunha comunidade de viaxes máis individualizada e conectada, proporcionando aos usuarios ferramentas sociais para planear e reservar as súas viaxes dunha maneira máis eficaz, con consellos e información relevante de persoas e expertos en quen confían.

Por iso, nesta liña, decidiron apostar por incluír marcas ou influencers coa finalidade de crear contido en forma de fotos, vídeos e artigos afín aos seus intereses. Desta maneira, agrupando estes consellos recibidos, créase un "feed de viaxes" do mundo, onde os usuarios poden descubrir información relevante dunha maneira máis rápida sobre as viaxes que están a planear.

Cando un usuario inicie sesión na aplicación móbil ou a web de TripAdvisor, a súa páxina de inicio transformarase nunha fonte de información personalizada. Por exemplo, cando un usuario busque un destino en particular, o feed automaticamente presentará información sobre esa localización xeográfica particular. É dicir, se estamos a planear unha viaxe a Lisboa, poderemos ver no noso feed unha guía de viaxe dun influencer sobre que facer no destino ou a opinión dun familiar sobre a súa estancia nun hotel preto da Praça do Comércio.

A maiores, tamén se ofrece a posibilidade de crear "viaxes"; é dicir, guías de viaxe, itinerarios ou simples listas de cousas que se poden facer ou visitar durante calquera escapada que se ten pensado realizar. Estas guías pódense facer tanto de forma privada, onde unicamente é o usuario o que pode ver todo o que vai gardando, ou compartilas con toda a comunidade de usuarios para inspirar e axudar a outros futuros viaxeiros.

Grazas a estas novas funcionalidades, os usuarios desta web son capaces de crear contidos de viaxes inspiradoras e útiles, obtendo valiosos comentarios para mellorar as súas experiencias propias. Por iso, é importante como empresa estar presente nos feed dos diferentes usuarios, xerando contidos de maneira continua.

Se tes un negocio turístico e buscas obter bos resultados na mesma, o equipo de asesores  SmartPeme, máis concretamente os asesores do novo servizo  TurisTIC, poden axudarche a conseguir esa notoriedade no portal, mediante as actividades de capacitación e os asesoramentos personalizados, chámanos ao 886 20 20 20 para obter máis información.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento