A importancia do Copywriting para a nosa estratexia de márketing - Actualidade
Actualidade
« Atrás
A importancia do Copywriting para a nosa estratexia de márketing
Data: venres, 12 de xullo de 2019

O copywriting é a habilidade de escribir de maneira persuasiva calquera tipo de texto que apareza na túa páxina web, redes sociais, etc. para conseguir que o teu cliente ideal realice unha acción. É importante que saibamos que non se trata só de escribir, senón de facelo cunha intención e un obxectivo concretos.
Temos que crear un texto que seduza ao lector para que realice unha acción, a que nós busquemos relacionada co obxectivo que nos marcamos.
Pero antes de poñernos a escribir, debemos saber para quen o fago, polo que debemos pensar:
- Quen é o noso cliente ideal?
- Que problema ou necesidade podemos axudarlle a resolver ou satisfacer?
- Como imos solucionar o seu problema ou necesidade?
Pero, como escribir un bo copy?
O primeiro é saber que o copywriting chegou rompendo as estruturas longas de texto, cargadas de adxectivos e palabras rimbombantes, creando textos específicos e concretos buscando, con palabras directas, satisfacer as necesidades dos usuarios.
Ademais, un bo copy sempre tratará de escoitar as necesidades do noso cliente potencial, empatizar coas súas emocións e informar co menor número de palabras posible.
E sempre todo sen perder de vista a "personalidade" da marca, a identidade que creamos da nosa marca é un punto diferencial e imprescindible para crear textos coherentes.
Por último, antes de poñernos a escribir, ten en conta estes 5 puntos imprescindibles:
- A relevancia: crea un contido relevante, que achegue valor
- Crea un título atractivo, que sexa breve e que dea unha pista do beneficio que obteremos lendo todo o texto.
- Brevidade e claridade, buscando un equilibrio entre extensión optimizada (dependendo da plataforma para a que escribamos o texto será máis extenso ou menos) e ideas claras.
- Usar un estilo próximo.
- Usar palabras que chamen a atención ou conviden á acción.
O copywriting é un concepto que se utiliza en publicidade desde hai varias décadas, polo que non esquezas prestar a atención que merecen os textos de ti web ou redes sociais para triunfar na túa estratexia de márketing.
María Aller
Asesora TIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
«
Xaneiro
2021
»
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
-
Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II26 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Ferramentas de chat e atención ao cliente26 de xaneiro de 2021 18:00Máis información
-
O valor que as marcas dan ás empresas27 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos27 de xaneiro de 2021 19:00Máis información
-
Impresión 3D III - Nozzles, tipos e usos28 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Redes sociais para establecementos turísticos29 de xaneiro de 2021 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento