Lanzamento de SmartPeme cun evento de Networking - Actualidade
Actualidade
Lanzamento de SmartPeme cun evento de Networking
Data: martes, 05 de xullo de 2016
As e os autónomos pemes e emprendedores de Pontevedra teñen unha nova data para marcaren na súa axenda. O vindeiro mércores 13 de xullo ás 10:30 h, no salón de actos do sexto edificio do Museo de Pontevedra vaise desenvolver a presentación da Rede SmartPeme.
O evento consistirá nun almorzo de traballo no que se poderán coñecer os novos servizos en materia de asesoramento TIC que atopasen á súa disposición na Rede SmartPeme e escoitar as experiencias de referentes en innovación TIC na empresa, así como estreitar relacións profesionais nunha sesión de networking.
O acto iniciarao a presidenta da Deputación de Pontevedra, Dª. Carmela Silva e o deputado provincial D. Francisco Javier Dios Pomares coa presentación da Rede SmartPeme e a súa carteira de servizos.
En segundo lugar está programada a intervención de Dª. Elena Gómez do Pozuelo, emprendedora e investidora, co relatorio "Atopar o lugar da túa empresa na nova era dixital". Nela compartirá a súa perspectiva sobre cómo afrontar os procesos de transformación tecnolóxica, desde a súa experiencia como presidenta de Adigital (Asociación Española da Economía Digital), CEO de varias empresas, membro do Comité Executivo e da Xunta Directiva da CEOE, presidenta da Comisión de Protección de Datos e conselleira, entre outras startups, de Womenalia, a primeira rede de networking mundial de mulleres profesionais.
A continuación as persoas asistentes poderán escoitar de primeira man a experiencia dalgunhas das empresas pontevedresas que lograron implantar con éxito novas tecnoloxías no seu negocio. Serán directamente elas as que transmitan as claves para alcanzar o éxito no seu negocio mediante a implantación das citadas tecnoloxías, desde a proximidade que lles confire operar no mesmo contorno que os empresarios da provincia de Pontevedra.
Por último, poderán gozar dun café e dunha sesión de networking na que ampliar a súa rede de contactos con outros profesionais da provincia de Pontevedra.
ALMORZO DE TRABALLO SMARTPEME PONTEVEDRA CON
ELENA GÓMEZ DEL POZUELO
"Atopar o papel da túa empresa na nova era dixital"
DATA: Mércores, 13 de xullo de 2016 ás 10:30 horas
LUGAR: Salón de Actos – Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, esquina Sierra 36002 Pontevedra (ver mapa)
Preme aquí para INSCRIBIRTE!!!!!
O podes chamar ao 886 20 20 20
Fonte: SmartPeme