A Axencia Tributaria homologa unha nova app para autónomos - Actualidade
Actualidade
A Axencia Tributaria homologa unha nova app para autónomos
Data: xoves, 10 de xullo de 2014
Esta aplicación contabiliza e calcula os impostos a partir dunha foto co móbil.
Exaccta Tax é unha nova aplicación destinada ós autónomos que, con só facer unha foto co móbil ou tablet dos tickets e facturas, contabiliza segundo as obrigacións tributarias de cada cliente.
"Exaccta Tax conta coa certificación de homologación da Axencia Tributaria Española (AEAT), de forma que todas as imaxes fotografadas polos usuarios, autónomos de España, serven como xustificante tributario, polo que xa tampouco fai falta gardar nin arquivar os documentos en papel" explica Fernando Muñiz, product manager de Exaccta.
Ademais, se o usuario, tras fotografar co seu móbil os documentos, toca a pantalla, xérase toda a información de forma automática e en tempo real, haxa ou non conectividade. Así, o autónomo ten dispoñible a contabilidade, os impostos, o seu orzamento, e todo tipo de informes cando o desexe.
"A contabilidade xerada a partir da foto é a particular do usuario, en función das súas obrigas tributarias e das súas circunstancias profesionais", cóntanos Muñiz.
Os autónomos que dispoñen dun asesor poden exportar ás principais aplicacións de xestión do mercado toda a información contable e tributaria, incluíndo as imaxes asinadas orixinadas no móbil a partir dunha foto.
Polo momento a app está dispoñible en español e inglés para iPhone e estarao para Android no próximo mes de setembro. Os creadores de Exaccta comezarán a adaptación internacional da aplicación no mes de outubro deste ano.
Nota de prensa
08/07/2014
Fonte: http://www.ticpymes.es
Rexistro
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
-
Covid e ciberseguridade en 202101 de marzo de 2021 18:00Máis información
-
Novas ferramentas de Instagram para turismo02 de marzo de 2021 11:00Máis información
-
Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing03 de marzo de 2021 18:00Máis información
-
Impresión 3D VIII – Axustes de impresora04 de marzo de 2021 12:00Máis información
-
Grava e edita co teu teléfono móbil: Inshot08 de marzo de 2021 18:00Máis información
-
O teu plan de márketing dixital paso a paso09 de marzo de 2021 12:00Máis información