JoomlaDay Vigo 2017 - Actualidade
Actualidade
« Atrás
JoomlaDay Vigo 2017
Data: martes, 19 de setembro de 2017
O vindeiro sábado día 23 de setembro de 2017 terá lugar o primeiro JoomlaDay? en Vigo e en Galicia.
Trátase dun evento sobre Joomla!® e todo o relacionado co mundo web. Durante todo o día, a comunidade Joomla! de Vigo terá a oportunidade de reunirse para aprender, ensinar e, en definitiva, para coñecer a xente, compartir e comentar experiencias sobre este xestor de contidos web.
É un evento gratuíto que se celebrará no Hotel Cidade de Vigo. Máis información no sitio web de JoomlaES.
Fonte: SmartPeme