Actualidade

« Atrás

II Gala Premios de Emprendemento SmartPeme

Data:  martes, 07 de maio de 2024

 
Por segundo ano, a Deputación de Pontevedra organiza a través de SmartPeme a II Gala de Premios de Emprendemento. Unha xornada que pon punto final a un itinerario de actividades complementarias ligadas ao emprendemento que se levaron a cabo ao longo deste último ano.
 
O evento terá lugar o vindeiro xoves 9 de maio no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra). Comezará ás 19:00 horas (ás 18:30 horas realizarase a recepción das persoas asistentes) coa apertura e finalizará ás 20:00 horas cun petisco networking. 
 
Durante este evento, revelaranse os cinco finalistas que aspiran ao premio á mellor iniciativa empresarial SmartPeme e, coa valiosa participación do público, poderase votar pola iniciativa que se considere gañadora. O gañador  deste premio recibirá un bono que poderá utilizar para acceder a unha formación valorada en ata 3.000 euros.
 
Ademáis, contaremos coa exposición de Mercedes e Carmen, creadoras de LMDI Collection (Las Merceditas de Iria), quen compartirá connosco as súas vivencias e desafíos que supón emprender. Para rematar,  compartirase un petisco networking.
 
A continuación, indicámosvos o programa da xornada:
 
  • 18:30:Recepción de persoas asistentes
  • 19:00: Apertura da II Gala de Premios de Emprendemento  
  • 19:05: Vídeo dos proxectos finalistas e votacións dos asistentes
  • 19:15: Paso ao relatorio de Mercedes e Carmen, fundadoras da empresa Las Merceditas de Iria e LMDI Collection.
  • 19:45: Entrega do premio da II Gala de Emprendemento con intervención do gañador ou gañadora. Peche institucional.
  • 20:00: Petisco networking
 
Esperámoste! Non esquezas inscibirte facendo clic aquí.
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Xullo 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31