II Gala Premios de Emprendemento SmartPeme - Actualidade
Actualidade
« Atrás
II Gala Premios de Emprendemento SmartPeme
Data: martes, 07 de maio de 2024

Por segundo ano, a Deputación de Pontevedra organiza a través de SmartPeme a II Gala de Premios de Emprendemento. Unha xornada que pon punto final a un itinerario de actividades complementarias ligadas ao emprendemento que se levaron a cabo ao longo deste último ano.
O evento terá lugar o vindeiro xoves 9 de maio no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra). Comezará ás 19:00 horas (ás 18:30 horas realizarase a recepción das persoas asistentes) coa apertura e finalizará ás 20:00 horas cun petisco networking.
Durante este evento, revelaranse os cinco finalistas que aspiran ao premio á mellor iniciativa empresarial SmartPeme e, coa valiosa participación do público, poderase votar pola iniciativa que se considere gañadora. O gañador deste premio recibirá un bono que poderá utilizar para acceder a unha formación valorada en ata 3.000 euros.
Ademáis, contaremos coa exposición de Mercedes e Carmen, creadoras de LMDI Collection (Las Merceditas de Iria), quen compartirá connosco as súas vivencias e desafíos que supón emprender. Para rematar, compartirase un petisco networking.
A continuación, indicámosvos o programa da xornada:
- 18:30:Recepción de persoas asistentes
- 19:00: Apertura da II Gala de Premios de Emprendemento
- 19:05: Vídeo dos proxectos finalistas e votacións dos asistentes
- 19:15: Paso ao relatorio de Mercedes e Carmen, fundadoras da empresa Las Merceditas de Iria e LMDI Collection.
- 19:45: Entrega do premio da II Gala de Emprendemento con intervención do gañador ou gañadora. Peche institucional.
- 20:00: Petisco networking
Esperámoste! Non esquezas inscibirte facendo clic aquí.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Marzo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 |
- SEO para redes sociais20 de marzo de 2025 12:00Máis información
- Impulsa a cultura sostible e a responsabilidade social no teu negocio II21 de marzo de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles24 de marzo de 2025 11:00Máis información
- Growth Márketing24 de marzo de 2025 17:00Máis información
- Crea unha páxina profesional con WordPress II25 de marzo de 2025 12:00Máis información
- Instagram para principiantes II26 de marzo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento