Actualidade

« Atrás

O CPAE asesora a 46 empresas e soluciona 49 consultas tras catro meses en Lalín

Data:  xoves, 24 de xullo de 2014

 

Agrogandería, comercio e hostalería son os sectores que máis o utilizan. Información, análise e asesoramento sobre o uso de novas tecnoloxías centran o 80 % dos servizos

Decenas de autónomos e pequenas empresas das comarcas de Deza e de Tabeirós-Terra de Montes están a executar plans de mellora en colaboración co Centro Provincial de Asesoramento Empresarial (CPAE) 2.0, que ten unha das súas seis sedes en Lalín. Desde a súa posta en marcha, a mediados de marzo pasado, foron xa asesoradas 46 firmas e autónomos e solucionáronse case medio centenar de consultas, 49, segundo os datos facilitados onte por este servizo dependente da Deputación.

As temáticas máis demandadas no centro lalinense –con sede no edificio que alberga a aula da UNED, no polígono Lalín 2000– foron cómo poñer en marcha unha ferramenta de xestión empresarial e solucións sectoriais, por exemplo, para o sector gandeiro; crear o seu propio comercio electrónico; cómo usar as redes sociais nos seus negocios e asuntos xurídicos relacionados coas TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). Un dos sectores que máis utilizou o servizo, dispoñible para 5.100 profesionais autónomos e pequenas empresas da zona, foi o agrogandeiro, xunto co do comercio e a hostalería.

Satisfacción do cliente

Para o control de calidade dos servizos ofrecidos, a Deputación puxo en marcha tamén un sistema de seguimento continuo do desempeño do CPAE 2.0. No último informe constátase a alta satisfacción dos empresarios asesorados, que lle dan unha cualificación de 4,2 sobre 5. Tamén se resalta que o 80 % dos servizos ofrecidos foi de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC. O 21,4 % destas consultas correspóndese con temas publicitarios, de mercadotecnia en liña e redes sociais, o 17,6 % versa sobre comercio electrónico e o 11,5 %, sobre subvencións. A atención foi presencial na maioría dos casos, aínda que tamén houbo contactos telefónicos ou por correo electrónico.

Xornadas e obradoiros

Uno dos servizos máis requiridos polos empresarios é o de capacitación tecnolóxica. Por iso, neste mes de xullo comezou un intenso programa de sesións informativas en todos os puntos CPAE 2.0. Seguridade informática, adecuación de sistemas a leis como a de protección de datos e as plataformas de comercio electrónico foron algunhas das temáticas abordadas.

Estas xornadas están intercaladas con outros obradoiros informativos impartidos polos propios asesores do centro. É o caso da sesión sobre plataformas de comercio electrónico que tivo lugar onte en Lalín e cuxo relator foi o experto consultor Carlos González Luís, que contou cunha vintena de inscritos, e que se repetirá mañá (13:00 h) e o día 30 (20:00 h). Entre os asistentes había participantes no proxecto "depoDEZA" que aspiran a vender os seus produtos baixo un selo protexido e para quen podería ser "moi útil" a plataforma gratuíta impulsada pola Deputación. As microempresas e autónomos de Deza e de Tabeirós-Terra de Montes poden solicitar cita para ser asesorados ou acudir a estas sesións a través da liña telefónica 886 20 20 20 ou da dirección info.cpae20@depo.es.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/07/23/cpae-asesora-46-empresas-soluciona/1062796.html

Fonte:  http://www.farodevigo.es



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento