Actualidade

« Atrás

O CPAE 2.0 ensina ó comercio estradense a usar as novas tecnoloxías

Data:  mércores, 06 de agosto de 2014

O Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) acolleu onte unha charla dirixida a comerciantes locais para coñecer o novo servizo que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha para as pequenas empresas. O obxectivo era dar a coñecer o seu plan de asesoramento empresarial presencial e personalizado en relación ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) desenvolvido a través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE).

A charla, impartida por Amador Loureiro, abordou cuestións relativas á venda en liña, tamén coñecida como comercio electrónico. Así, os asistentes comprobaron como funciona a seguridade das operacións a través da banca en liña, cales son as vantaxes de traballar con comercio electrónico, como aplicar as novas tecnoloxías ó negocio ou como emitir facturas electrónicas.

A iniciativa pretende promover este servizo de asesoramento dirixido a empresas pequenas, especialmente a aquelas que posúen menos de cinco traballadores contratados, coa finalidade de que poidan potenciar o desenvolvemento económico á vez que aumentan a súa competitividade e produtividade.

Ademais, os comerciantes estradenses que acudiron onte ó MOME ampliaron os seus coñecementos sobre a liña de axudas e de subvencións que a institución provincial ten ó dispor deste tipo de empresas.

Plataforma práctica

Este servizo de asesoramento, que se ofrece de forma totalmente gratuíta, compleméntase coa posta en marcha dun novo proxecto: a creción por parte da Deputación dunha plataforma de comercio electrónico a través do CPAE 2.0 para todas as empresas que reúnan os requisitos esixidos e estean interesadas en coñecer máis a fondo a venda a través da rede. Deste xeito o CPAE 2.0 destina un equipo de xestión para orientar este tipo de comerciantes que quere adaptarse ós novos tempos e aprender de maneira práctica a vender os seus produtos a través da rede. 

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/08/01/cpae-20-ensena-comercio-estradense/1068076.html

Fonte:  http://www.farodevigo.es



« Maio 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento