Día Mundial do Turismo - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Día Mundial do Turismo
Data: venres, 25 de setembro de 2020

O día 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo e este ano ten como lema "Turismo e desenvolvemento rural". A Asemblea Xeral da Organización Mundial do Turismo estableceu ese día hai 40 anos e elixiuse esa data, o 27 de setembro, pois ese mesmo día de 1970 aprobáronse os Estatutos da Organización Mundial do Turismo (UNWTO).
O turismo ten unha gran capacidade para xerar oportunidades máis aló das cidades, así como para preservar o noso patrimonio, cultura e natureza e é un sector clave para a economía da nosa provincia.
O turismo mantivo un crecemento sostido nas últimas décadas ata alcanzar case dun 10,5% do PIB galego sendo a provincia de Pontevedra a que máis peso ten no sector turístico da nosa comunidade. Estes datos poñen en valor a importancia do sector turístico do que o noso país é o segundo destino internacional.
Este sector creceu de forma ininterrompida desde mediados do século XX ata os nosos días a pesar da recesión económica global da última década, diferentes crises de seguridade e sanitarias. Tendo en conta o anterior e aínda considerando a situación actual, a OMT prevé que seguirá crecendo a un ritmo constante na próxima década.
Un dos sectores no que máis impactou a crise xerada polo COVID-19 foi, precisamente, o sector turístico; no que as restricións á mobilidade e unha caída brusca da demanda xeraron un rápido descenso no número de persoas visitantes e turistas. A pesar da conxuntura que estamos a vivir, Rías Baixas, a marca turística da provincia de Pontevedra, revalida os mellores datos de ocupación de Galicia e colócase como quinto destino nacional. Isto débese a que non dependemos do turismo internacional e estamos posicionados como un destino seguro e non masificado, cunha oferta multiproducto na que a paisaxe, a natureza e a gastronomía son claves á hora de elixirnos.
A pesar de todo estamos nun momento de cambios no que a caída de demanda e os novos hábitos da nosa clientela obrígannos a repensar e reorientar o modelo de negocio, innovar e dixitalizar as nosas empresas e potenciar a comercialización en liña.
O uso das novas tecnoloxías aplicadas ao turismo pode axudarnos a conseguir un tecido empresarial máis competitivo e eficiente e desde SmarPeme e TurisTIC podemos mostrate infinidade de solucións para ofrecer servizos máis seguros, mellorar a xestión e ampliar as canles de comercialización.
Sonia Torres
Asesora TurisTIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
«
Xaneiro
2021
»
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
-
Impresión 3D II - Impresoras de filamento21 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña22 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II26 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Ferramentas de chat e atención ao cliente26 de xaneiro de 2021 18:00Máis información
-
O valor que as marcas dan ás empresas27 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
-
Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos27 de xaneiro de 2021 19:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento