DepoEmprende 2017 - Actualidade
Actualidade
« Atrás
DepoEmprende 2017
Data: xoves, 15 de febreiro de 2018
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa "DepoEmprende" 2017, aprobado pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Obxectivos
Fomentar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento debido á súa achega de creatividade e innovación
Eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas de negocio en proxectos concretos
Mellorar a calidade de vida das persoas desempregadas a través da formación e o asesoramento especializado, promovendo a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento
Desenvolver competencias emprendedoras que axuden as persoas desempregadas a superar os obstáculos, a aumentar a confianza en si mesmas e adquirir autonomía e que promovan o desenvolvemento de oportunidades profesionais cando a oferta laboral non se corresponda coa formativa
Contribuír á viabilidade e sustentabilidade das novas empresas
Garantir a non exclusión de calquera persoa por motivos sociais, de nivel formativo, razóns de xénero ou lugar de residencia
Fomentar o equilibrio territorial do programa coa colaboración de todas as cámaras de comercio da provincia de Pontevedra para a súa dinamización, captación e participación no proxecto
Colaborar cos axentes clave para o desenvolvemento do programa (cámaras de comercio, Universidade de Vigo, asociacións de empresarios, escolas de negocios etc.)
Persoas beneficiarias
120 persoas preferentemente en situación de desemprego da provincia de Pontevedra.
Terán prioridade as persoas pertencentes a colectivos con maior risco de exclusión do mercado laboral (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con discapacidade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social).
Obradoiros de cultura emprendedora
Onde (lugares en donde se realizarán as accións)
Viveiro Barro-Meis
Viveiro Lalín
Pontevedra
Vigo
Vilagarcía de Arousa
Tui e zona de influencia
Máis información
Correo-e: promociondoemprego@depo.es
Teléfono: 986 804 100. Extensións: 40854 e 40853
Fonte: Deputación de Pontevedra