Convocatoria I Premios Anuais de Emprendemento - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Convocatoria I Premios Anuais de Emprendemento
Data: martes, 29 de novembro de 2022
Co propósito de poñer en valor o potencial emprendedor dos proxectos empresariais nas súas fases máis temperás da provincia de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, no marco do proxecto SmartPeme, xunto coa colaboración da Fundación Roberto Rivas presenta os Premios Anuais de Emprendemento no que repartiranse dous premios das seguintes categorías:
- Premio á mellor iniciativa de emprendemento rural: 4.000€.
- Premio á mellor iniciativa de emprendemento por proposta de negocio e compromiso sostible e dixital: 3.500€.
Como broche final deste concurso, o vindeiro mércores 14 de decembro ás 19:00, terá lugar a I Gala de Premios de Emprendemento (Salón de Plenos - Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra), na cal se fará entrega destes dous premios. Por iso, considérase requisito indispensable acudir a este evento para poder optar aos mesmos.
Podedes atopar máis información sobre esta Gala facendo clic AQUÍ.
A quen vai dirixido?
Poderán presentarse aos premios persoas maiores de 18 anos, con proxectos que teñan ben, a súa sede social en Pontevedra ou, ben que desenvolva a súa actividade na provincia, desde un máximo de 3 anos.
Doutra banda, poderán ser persoas beneficiarias aquelas que participasen nalgúns dos itinerarios anteriores que realizáronse en SmartPeme.
Lugar, forma e prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes aos premios finalizará o 7 de decembro ás 23:59 horas, non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo.
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/132804655
Criterios de valoración
Para a concesión dos premios valoraranse os seguintes criterios segundo a categoría de premio:
1. Mellor iniciativa de emprendemento rural:
- Xerar impacto na provincia de Pontevedra: considérase que un proxecto xera impacto positivo cando este axuda á creación de emprego, é sostible e, ademais, ten un impacto social positivo na provincia de Pontevedra. (valorarase de 0 a 5, sendo 0 non xerar impacto e 5 xerar moito impacto).
- A viabilidade do proxecto: un proxecto é viable cando este é capaz de crecer de forma sostida no tempo e ten unha estratexia coherente (valorarase de 0 a 5, sendo 0 unha viabilidade nula e sendo 5 un excelente grao de viabilidade da proposta en termos técnicos e de mercado).
- Priorizar a contorna local: considérase contorna local o medio máis próximo onde a empresa desenvolve a súa actividade (valorarase de 0 a 5, sendo 0 prioridade baixa á contorna local e 5 prioridade alta).
- Realizar algunha acción sostible: considérase unha acción sostible aquela que está orientada a garantir un equilibrio entre crecemento económico, coidado do medio e benestar social (valorarase de 0 a 5, sendo 0 a non realización de accións sostibles e 5 a realización de 5 ou máis accións sostibles).
2. Mellor iniciativa de emprendemento por proposta de negocio e compromiso sostible e dixital:
- Xerar impacto na provincia de Pontevedra: considérase que un proxecto xera impacto positivo cando este axuda á creación de emprego, é sostible e, ademais, ten un impacto social positivo na provincia de Pontevedra. (valorarase de 0 a 5, sendo 0 non xerar impacto e 5 xerar moito impacto).
- A viabilidade do proxecto: un proxecto é viable cando este é capaz de crecer de forma sostida no tempo e ten unha estratexia coherente (valorarase de 0 a 5, sendo 0 unha viabilidade nula e sendo 5 un excelente grao de viabilidade da proposta en termos técnicos e de mercado).
- Incorporar elementos innovadores: elementos innovadores son todos os recursos que poida ter unha empresa, xa sexa intelectuais ou materiais, que propicie ao cambio e á creación de vantaxes competitivas. (valorarase de 0 a 5, sendo 0 a non incorporación de elementos innovadores e 5 a incorporación de 5 ou máis de 5 elementos innovadores e tecnolóxicos).
- Contar cunha estratexia de desenvolvemento dixital continuo: unha estratexia dixital consiste na aplicación da tecnoloxía ao modelo de negocio para mellorar o rendemento empresarial (valorarase de 0 a 5, sendo 0 a non existencia dunha estratexia dixital e 5 a existencia dunha estratexia dixital consolidada e posta en marcha).
Co fin de conseguir unha correcta selección das persoas gañadoras dos Premios de Emprendemento, o Comité de Avaliación do proxecto SmartPeme determinará a valoración dos criterios en base a:
1.Memoria do proxecto: as persoas interesadas terán que cumprimentar, xunto coa solicitude, un formulario normalizado que atópase no procedemento aberto na sede electrónica cunha extensión máxima de 7 páxinas que deberá conter:
- Datos da persoa solicitante
- Nome do proxecto
- Perfil da persoa solicitante
- Propósito do proxecto
- Misión, visión e valores
- Descrición da actividade que realiza
- Puntos que poñen en valor o proxecto
- Descrición do produto/servizo
- Describa o segmento de clientes
- Indique a páxina web así como redes sociais
- Outra información de interese
Para consultar con maior detalle as condicións e outros aspectos relativos aos Premios de Emprendemento pódese revisar as bases publicadas AQUÍ. Para máis dúbidas, as persoas interesadas tamén poden consultar escribindo a info.smartpeme@depo.es ou chamando ao teléfono 886 202 020.
Fonte: SmartPeme