CONVOCATORIA DO I PROGRAMA DE CRECEMENTO EMPRESARIAL DE LALÍN, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS - Actualidade
Actualidade
« Atrás
CONVOCATORIA DO I PROGRAMA DE CRECEMENTO EMPRESARIAL DE LALÍN, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS
Data: luns, 05 de setembro de 2022
A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, a través de Smartpeme presenta o "I Programa de Crecemento Empresarial de Lalín". Este primeiro programa ten como obxectivo impulsar aqueles proxectos que comezaron a súa actividade recentemente ou que buscan ser consolidados no mercado no que operan.
Á finalización do programa, premiaranse as seguintes iniciativas:
- Mellor iniciativa con impacto no rural: 1.500 €
- Mellor iniciativa de colaboración entre participantes: 1.000 €
- Mellor iniciativa de crecemento: 1.000 €
A quen vai dirixido?
O I Programa de Crecemento Empresarial de Lalín está dirixido a pemes, persoas autónomas e a persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra, que acaban de iniciar a actividade do seu proxecto e buscan impulsalo ou a aquelas que buscan consolidalo, reorientalo ou lanzar novas liñas de negocio.
Actividades
O I Programa de Crecemento Empresarial de Lalín seguirá as seguintes fases e actividades:
Proceso de selección de participantes
Co fin de conseguir unha correcta selección das persoas participantes deste I Programa de Crecemento Empresarial de Lalín, o Comité de Avaliación do proxecto Smartpeme realizará unha preselección entre os proxectos en base á documentación presentada polas persoas interesadas e por cada un dos criterios de valoración que están recollidos nas bases:
1.Memoria do proxecto: Os interesados terán que cumprimentar, xunto coa solicitude, un formulario de memoria do proxecto, cunha extensión máxima de 5 páxinas que deberá conter:
- Obxectivo do proxecto
- Misión, visión e valores
- Actividade que realiza (no que se especifique por que se considera un modelo de negocio innovador no caso de selo; que elementos innovadores e tecnolóxicos incorpóranse, no caso de incorporalos; por que é escalable dixitalmente, no caso de selo; e por que xera impacto na provincia de Pontevedra, en caso de xeralo)
- Descrición do produto/servizo
- Que pretende alcanzar coa súa participación no I Programa de Crecemento Empresarial de Lalín
2. Perfil das persoas participantes: Presentación do equipo participante e da persoa delegada para a asistencia ao programa.
Unha vez completada a preselección, os membros do equipo técnico de Smartpeme e o Comité de Avaliación realizarán unha pequena entrevista a aqueles proxectos preseleccionados co fin de coñecer e avaliar en detalle o seu potencial de negocio, implicación e necesidades para abordalo.
Unha vez realizadas as entrevistas e realizado o informe final, o Comité de Avaliación seleccionará a un máximo de 8 proxectos participantes no programa. A resolución definitiva dos proxectos seleccionados publicarase tanto na web de Smartpeme como na da Deputación de Pontevedra e será comunicada á interesados vía correo electrónico.
Calquera aclaración respecto a as bases ou discrepancia debe ser remitida mediante correo electrónico á dirección info.smartpeme@depo.es.
Lugar, forma e prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 20 de setembro ás 23:59 horas, non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo.
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/129453167
Período lectivo
As actividades do I Programa de Crecemento Empresarial de Lalín executaranse entre o 1 de outubro e o 1 de decembro.
Preferentemente priorizaranse os asesoramentos de forma presencial, aínda que existirá a posibilidade de realizar asesoramentos de forma telemática en función das necesidades da persoa usuaria.
As actividades formativas serán prioritariamente presenciais nas instalacións do Viveiro de Empresas de Lalín, para fomentar o traballo en equipo e a creación de contornas colaborativas entre os 8 proxectos seleccionados que poderán ser de calquera parte da provincia de Pontevedra.
Para consultar calquera dúbida poderá contactar co equipo do proxecto en:
Smartpeme Pontevedra
Edif. Admin. Deputación de Pontevedra
Av. Montero Ríos s/n
36071 - Pontevedra
Email: info.smartpeme@depo.es
Teléfono: 886 202 020
Fonte: SmartPeme