Actualidade

« Atrás

Conexión Remota TEAMVIEWER

Data:  xoves, 23 de xullo de 2015

Desde CPAE 2.0 queremos ensinar Teamviewer, unha ferramenta informática de moi fácil uso para o control dun computador de maneira remota. Non terás que realizar apertura de portos no teu router.

Teamviewer, como software informático, é compatible cos distintos sistemas operativos (Windows, Mac, Linux, Android,…) e conta cunha interface sinxela para o usuario final.

Cómpre destacar que Teamviewer, para usuarios particulares, é de balde para todos os sistemas operativos que nomeamos anteriormente. Existe unha versión de pago para empresas, outra versión portable (que, almacenándoa nun lapis de memoria, se poderá executar desde calquera computador sen necesidade de instalar o software) e, por último, unha versión accesible desde a web de Teamviewer creando un perfil ó que se poden ir agregando os computadores que desexe controlar directamente desde internet.

Instalación

Para realizar a instalación dirixímonos á seguinte ligazón, https://www.teamviewer.com/es/download/windows.aspx,  onde procederemos á súa descarga. Se accede desde Windows mostraráselle automaticamente a versión que corresponda. En caso de facelo desde Linux apareceralle a pestana correspondente.

Para móbiles Android está dispoñible en PlayStore e para iPhone en AppStore.

Para a configuración e manuais de uso de Teamviewer detallados está dispoñible este documento:

https://www.teamviewer.com/es/help/firststeps.aspx

Na actualidade permite, aparte de controlar un computador remoto e así poder realizar os procesos que se necesiten, traballar cos documentos que teña almacenados ou simplemente realizar unha asistencia de apoio a un compañeiro sobre calquera aplicación ou xestión informática que se necesitase sen ter que trasladarse fisicamente ata el. Tamén se utiliza para realizar vídeoconferencias, reunións en liña, vídeochamadas, VoIP, chat, teleconferencias, como encerado interactivo, para compartir arquivos ou para realizar capturas de pantalla.

En definitiva, Teamviewer, como aplicación de control remoto, axudaralle a realizar calquera tarefa informática que necesite facer nun momento determinado e desde calquera sitio onde teña internet, simplemente conectándose ó seu equipo e tendo de man todas as aplicacións que utiliza habitualmente en local sen a necesidade de trasladarse inmediatamente para poder continuar cos seus proxectos.

Fonte:  CPAE



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento