Actualidade

« Atrás

Como lograr unha efectiva campaña de mail marketing

Data:  xoves, 23 de agosto de 2018

Según un estudo* levado a cabo por DMA (Direct Marketing Association), os clientes prefiren recibir un correo electrónico publicitándolles as súas ofertas ou servizos antes que unha mensaxe de texto, unha chamada ou un cara a cara. Isto débese, principalmente, a que o ven como unha forma menos  intrusiva de publicidade. 
 
Se se ten unha empresa ou marca e quérese dar a coñecer os seus produtos ou servizos, o emprego dunha campaña de  mail márketing é unha gran alternativa, xa que como comentamos, é unha maneira directa de comunicación e que provoca menos rexeitamento nos usuarios.
 
Para poder realizar unha campaña deste tipo, con notoriedade, as empresas deben seguir unha serie de recomendacións, que a pesar de non implicar o éxito absoluto, buscarán mellorar os resultados que poidan obter.
 
Nun primeiro lugar, é importante ter claro que non todos os nosos produtos ou servizos interesan do mesmo xeito a todos os nosos clientes. Por iso é importante segmentar os envíos, proporcionando a información máis destacable en función dos intereses dos nosos clientes. Tamén é preciso personalizar as comunicacións, é dicir, comunicarse con cada cliente de maneira directa e clara, buscando dar resposta ás súas necesidades únicas.
 
É imprescindible ofrecer unha imaxe de proximidade, xa que canto máis próximos móstrense co cliente, mellor será a relación que se estableza. Para iso, os mails deben adaptarse ás necesidades e gustos persoais, que o cliente vexa o correo como algo persoal.
 
No que respecta ao horario de envío, é necesario poder saber en que horas os usuarios están máis receptivos e dispostos a recibir correos, abrilos e, mesmo, interaccionar con eles. É importante tamén coñecer que días da semana son máis favorables para obter unha resposta positiva dos mesmos, logrando poder alcanzar un maior cociente de respostas. 
 
Analiza as túas estatísticas que nos ofrecen de modo gratuíto as principais ferramentas do mercado, estas son fundamentais para apoiar os teus envíos e seleccionar as estratexias definitivas. Estas ferramentas permitiranche coñecer mellor á túa clientela. Algunhas das máis empregadas son mailchimp ou mailrelay.
 
En relación co anterior, a frecuencia de envío tamén é un factor para ter en conta, polo feito de que o envío de moitos correos pode supoñerlle á empresa que os usuarios os consideren spam, non lles presten a atención que buscan ou, queiran darse de baixa. 
 
Debemos ter en conta tamén a calidade dos contidos. É mellor enviar menos mensaxes e que teñan contidos interesantes e novos, que realizar moitos envíos e de pouca calidade. Unha boa práctica sería non ofrecer unicamente publicidade da túa empresa, podes conectar o mail cun blogue propio no que aparezan consellos relacionados cos produtos que ofreces ou guías de usuarios.
 
Por último, non hai que esquecerse que, nos tempos que corren, onde existen multitude de dispositivos desde os cales poder acceder á nosa conta de correo, é imprescindible que os correos presenten un deseño responsive. A través do mesmo, os elementos da mensaxe se  redimensionan e colocan de tal forma que logran adaptarse ao ancho de cada dispositivo, conseguindo así a súa correcta visualización e unha mellor experiencia para o usuario. Do mesmo xeito que coas estatísticas, as ferramentas de email márketing ofrecen modelos que fan este traballo por nós, ti só tes que personalizala.
 
Seguindo estes consellos conseguirás que as túas campañas obteñan bos resultados. Aínda que é necesario certo tempo ata que domines estas técnicas, o equipo de asesores SmartPeme pode darche o empuxón que necesitas para mellorar nos teus envíos, mediante as actividades de capacitación e os asesoramentos personalizados lograrás mellorar o impacto das túas comunicacións, chámanos ao 886 20 20 20 para obter máis información 
 
*O estudo realizouse sobre máis de 2.000 usuarios residentes no Reino Unido

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento