Actualidade

« Atrás

Como crear unha tenda online en Facebook

Data:  luns, 26 de decembro de 2016

Ata fai uns meses, a única posibilidade para integrar a nosa tenda online en Facebook era empregar aplicacións externas que engadisen esa característica a rede social, algunhas gratuítas e a maioría de pago. Falamos de ferramentas como TeleMakingWeb, Tiendy o Shopify. Pero dende fai uns meses, facebook ten incorporado a opción de crear unha tenda online gratuíta e sen comisións de ningún tipo, directamente na nosa páxina de empresa, sen necesidade de recorrer a ferramentas externas. Un paso lóxico, se temos en conta que case a metade das persoas chegan a Facebook para buscar produtos activamente. A adición desta funcionalidade cumpre un obxectivo claro: acadar que os usuarios poidan facer calquera tipo de actividade sen abandonar Facebook como rede social: Ler as novas, subir e ver vídeos, chatear con amigos, interactiva coas empresas, e agora tamén, comprar.

Características dunha tenda en Facebook

A hora de considerar a creación da nosa tenda en Facebook, debemos ter en conta cales son as funcionalidades que nos ofrece para configurala:

  • Permite incorporar produtos cuxa ficha inclúa nome, descrición prezo e varias fotografías que mostren ditos produtos. Facebook recomenda que as fotografías sexan doadas de comprender e mostren o produto completo, que teñan un formato cadrado, unha resolución de cando menos 1024x1024 e que non teñan marcas de auga. Os produtos poden marcarse como destacados para que aparezan nunha sección especial, compartirse como unha publicación mais da páxina ou etiquetarse nas fotos que publiquemos.
  • Nas fichas de produto, os usuarios poderán indicar Me Gusta e realizar comentarios sobre eles.
  • Aínda que os usuarios non poden realizar un pedido directamente na nosa tenda de Facebook, teremos dous posibilidades: Permitir que o usuario envíe mensaxes para realizar preguntas e acordar a forma de formalizar a compra, ou dirixir as persoas a outro sitio web para completar a compra.
  • Os usuarios poden subscribirse a nosa tenda, de modo que reciban unha notificación cando incorporemos un novo produto ao noso catalogo.

¿Como creo a miña tenda en Facebook?

Para agregar a nosa páxina unha sección de Tenda que envíe aos teus clientes a outro sitio web para completar a compra, debemos habilitar a pestana Tenda, se non a temos xa habilitada, e aceptar os termos e políticas para comerciantes de Facebook.

Despois eliximos a divisa a empregar, tendo en conta que será aplicada a todos os produtos e non se pode cambiar a menos que eliminemos a sección de tenda a creemos outra.

Unha vez realizados estes pasos, a nosa tenda xa estará configurada e poderemos comezar a engadir produtos. Os nosos clientes só poderán ver a nosa tenda cando agreguemos cando menos un produto e este sexa revisado e aprobado.

Tamén é importante completar unha completa descrición da nosa tenda para que o usuario vexa que é o que poderá atopar nela.

Como sacar o máximo partido a nosa tenda en Facebook

Unha vez configurada, non debemos limitarnos a engadir produtos a nosa tenda, senón que poderemos sacarlle moito mais partido compartíndoos na biografía da nosa páxina de forma periódica. Desde modo, os nosos clientes poderán descubrilo, coñecelo, e finalmente compralo. Mediante a funcionalidade de etiquetar produtos en fotografías podemos mostrar ditos produtos nun contexto, facéndoos mais atractivos para os nosos clientes potenciais.

A incorporación desta nova funcionalidade supón un paso mais de Facebook na loita das redes sociais polo "botón Comprar", na que as redes son cada vez menos sociais e mais comerciais.

 

Esther Garcinuño de Pablos

 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento