Actualidade

« Atrás

Como crear as túas fotografías para a campaña de Nadal

Data:  venres, 15 de novembro de 2019

 
Comezarei cunha pregunta que todas e todos nos facemos… Que ten de especial unha fotografía do Nadal?
A miña resposta é…todo. 
A fotografía do Nadal ten que ser moi especial, debemos coidala con detalle e pararnos a buscar os elementos perfectos para ela.
O Nadal é unha época na que xuntamos consumo con sentimento de unión, xa que os agasallos serán para esas persoas máis próximas.
 
Achéganse as datas máis especiais e abraiantes do ano e, con elas, unha época de compras que xera un volume de vendas moi grande.
En Nadal xérase case un 40% das vendas anuais, sobre todo, no sector comercio e, claramente, hai unha tendencia cada ano máis ascendente das vendas en liña. Máis persoas comprando a través de Smartphone e computador e menos que van directamente ás tendas.
 
Por iso, a loita de imaxes nas redes sociais é cada ano máis complicada. É unha época na que debemos envorcarnos ao 100% nas nosas redes sociais, en crear contido que sexa útil á nosa clientela, xa sexan físicos ou en liña
 
A gran maioría de persoas europeas fai as súas compras nas dúas semanas previas a Nadal, do 16 ao 24 de decembro aproximadamente, aínda que teremos compradoras e compradores que consuman antes e despois, sobre todo en España, xa que temos tamén as vendas para os Reis Magos.
 
Tendo en conta isto, estamos na liña de saída para comezar a crear contido que despois subamos de maneira case diaria ás nosas redes. Os nosos produtos deben ser os que máis chamen a atención, pero sempre dentro do estilo da marca, e aproveitando símbolos, cores ou composicións que nos lembren ao Nadal nas nosas fotografías.
 
Podemos facer dous tipos de fotografía principais:
 
1. As fotografías de bodegóns ou modelo en interior.
 
Para estas composicións, utilizaremos moita luz e xogaremos coa composición e a decoración dos elementos da fotografía, combinando os produtos que queremos vender con decoración do Nadal, probando diferentes planos, e engadindo algún produto que poida engadir valor ao produto principal que queremos vender.
 
Para estas fotografías podemos utilizar tanto Smarphone como Reflex.
 
 
2. Fotografía en exteriores nocturnos.
 
En Nadal o que máis chama a atención sen dúbida é a iluminación. Realizando fotografías con efecto Bokeh ou de longa exposición, conseguiremos unhas fotografías espectaculares e moi do Nadal. Para estas fotografías, necesitaremos unha cámara máis especializada, aínda que se temos un teléfono actual que nos permita utilizar o modo PRO ou Profesional, si que poderemos facer longa exposición, pero o efecto Bokeh non o conseguiremos.
Igualmente, as fotografías con iluminación nocturna son espectaculares.
 
       
 
A fotografía, en xeral, é unha arte que se aprende coa práctica, anímovos a que experimentedes en casa coa decoración do Nadal que teñades a man, e que saiades á rúa en canto acéndanse as luces das rúas. Probade a cambiar os parámetros de maneira manual e conseguir imaxes impactantes e orixinais.
 
O próximo 26 de novembro impartirase en Smartpeme O Porriño o taller "Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal". Non volo podedes perder!
 
Lara Taboada
Asesora de Imaxe
 
 
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento