Actualidade

« Atrás

Arduino celebrou a finais de marzo o seu 15 aniversario

Data:  mércores, 08 de abril de 2020

 
 
(Imaxe: Web Arduino)
 
Hai datas que marcan unha época. En todos estes anos, saíron á luz unha gran variedade de tecnoloxías que están a cambiar o mundo, unhas en maior medida que outras, pero todas importantes.
En 2009, Satoshi Nakamoto soltaba ao mundo Bitcoin e a súa tecnoloxía de Block Chain; en 2007, Steve Jobs pon á venda o primeiro iPhone; en 2006, comézanse a utilizar de forma moi exitosa os algoritmos de Deep Learning e en 2005, Google compra unha pequena compañía chamada Android Inc. En 2005, nace tamén o proxecto de impresoras 3D autoreplicantes REP RAP que deu lugar á maioría das impresoras 3D alcanzables que coñecemos hoxe en día.
 
Pero en 2005, un estudante do Instituto IVRAE, Massimo Banzi, crea unha placa de desenvolvemento para cubrir as súas necesidades de aprendizaxe en programación e electrónica, o que hoxe coñecemos como Arduino. A el uníronse, máis tarde, outros especialistas en programación e software, que crearon a súa interfaz e contorna de programación, como o estudante español David Cuertelles, cuxa experiencia en circuítos e computación permitiron dotar á placa dos microcontroladores necesarios para dar soporte de memoria á linguaxe de programación.
Desde o principio pensouse en hardware libre e de baixo custo, a premisa era que non podería custar máis de 30$.
 
Nestes 15 anos, Arduino creceu e converteuse na ferramenta de aprendizaxe, programación e prototipado electrónico máis popular. Hai que entender que Arduino non é un modelo de placa concreto, é un proxecto, o que quere dicir que, compartindo o seu deseño básico, podemos atopar diferentes tipos de placa, cada unha para un uso ou tipo de proxecto diferente, hainas para proxectos de IoT, robótica ou impresión 3D, grandes con maior potencia ou moi pequenas para proxectos miniaturizados.
 
Arduino converteuse na porta de entrada para a aprendizaxe e está presente en case todos os kits de robótica educativa que se empregan nos centros educativos. Pero tamén na industria, grazas á súa facilidade de programación e a súa gran versatilidade, que fan de Arduino unha ferramenta ideal para prototipar electrónica, de feito, hai dispoñibles versións industriais de Arduino.
 
O equipo de desenvolvemento de Arduino está en constante evolución e moi atento ás tendencias do mercado. Demóstrano os seus dúas últimas series de placas, as MKR e as IoT, estas últimas especialmente deseñadas para proxectos da internet das Cousas, placas moi pequenas cun consumo moi baixo e todas as prestacións das grandes.
 
Cun proxecto en constante evolución, prezo alcanzable, fácil de programar e unha versatilidade demostrada, só quédanos esperar ter Arduino por outros 15 anos, polo menos.
 
Manuel Freire
Asesor TIC
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento